Teatro
Comeza o Programa Buxiganga en Xove coa actuación do grupo Pico do Castro de Foz; este grupo afeccionado vai por en escena a obra Matías está tolo, mañá sábado, 23 de novembro, a partires das 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Obra con entrada libre e gratuíta.
O Programa Buxiganga está organizado e coordinado pola área de Cultura da Deputación de Lugo, contando coa colaboración do noso Concello.
E o domingo, día 24, chegará a Xove Teatro Ghazafelhos con Iriña Bailarina. Esta segunda obra pertence á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. Para todos os públicos, pero en especial para nenos e nenas de 3 a 10 anos, vai se por en escena o domingo, 24 de novembro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.
Esta obra, polo seu contido, está...
leer másO grupo focense Adala de Fazouro representará este venres, 22 de novembro, no auditorio da Casa da Cultura de Burela, a obra Comeza a función. A función, organizada pola Concellería de Cultura, está destinada ao público familiar, a entrada será libre e dará comezo ás 21:00 horas.
A historia está ambientada nos anos 40, nunha aldea onde dous veciño lévanse moi mal e un día ao saír da igrexa rompen a pía da auga bendita. Ante a esixencia do cura de facerse cargo do arranxo, decidiron montar unha función de teatro para recadar fondos. Tras asinar unha tregua, contar coa colaboración dos veciños e superar varios atrancos, son quen de sacar a obra de teatro adiante con máis éxito do esperado.
E o sábado, día 23, A Adala infantil presentará Que pasou no camiño a partires das 18 horas na Casa da Cultura.
Esta fin de semana haberá representacións do certame de teatro Concello de Lourenzá o sábado e o domingo.
Fauna 113, grupo gañador na edición pasada do certame, actuará este sábado, día 23, ás 20:30 horas. Porán en escena a obra A última cea. E o domingo ás 20:00 horas tócalle Matabelas Teatro, de Teo, representará a obra A estraña familia.
O vindeiro domingo, 24 de novembro, haberá teatro en Barreiros. O grupo Faro Miño representará “Sintrón nin són”. Trátase dunha obra cómico-satírica sobre a realidade sanitaria galega, a través da retranca e da retórica galegas.
A representación terá lugar ás 18 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
A actividade enmárcase no proxecto teatral Buxiganga, da Deputación de Lugo. Colabora coa institución provincial o Concello de Barreiros.
Este venres, día 15, o grupo de teatro Touporroutou, de Foz, representará no III Certame de Teatro de Lourenzá a obra Comedia bífida. E o sábado 16 será o grupo Carauta Teatro, de Santiago, o que se subirá ao escenario laurentino coa obra Un!dous!tres!. As dúas representacións terán lugar no salón de actos do Concello ás 20:30 horas.
O domingo 17 non haberá representación debido á viaxe que organiza o Concello de Lourenzá a Casar de Periedo (Cantabria), onde participará como concello invitado na XV Feria de la Alubia y la Hortaliza.
Culturactiva SCG presenta a comedia Senior este sábado, 16 de novembro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.
A obra está dirixida por Avelino González e protagonizada por Luis Iglesia e Marcos Orsi. Trátase dunha reflexión, en clave de humor, sobre a crise dos 50 que nos permite rir das situacións máis cotiás, de divertidas anécdotas que seguramente moit@s de nós chegamos a vivir, e de escenas que só se poden gozar e padecer a partir dos 50.
O domingo, 17 de novembro, ás 20:00 horas tamén no Teatro Pastor Díaz, Contraproduccións presenta Os fillos do sol.
Está dirixida por Cándido Pazó e protagonizada por César Cambeiro, Adrián Ríos e Alba Bermúdez. É unha elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas. A...
leer másO teatro será o protagonista a vindeira fin de semana en Burela. O sábado 16 ás 20:30 horas o grupo Metátese Teatro, de Palas de Rei, porá en escena a obra Na procura dun traballo. O domingo 17 ás 18:00 horas Talía Teatro presentará en Burela o espectáculo para o público infantil e familiar Rosa, caramelo e outras historias. A entrada será libre e gratuíta en ambos casos.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “para este fin de semana en Burela temos, tanto o sábado como o domingo, dous eventos culturais neste caso de teatro. Un deles vai ser o sábado 16, que sería teatro para adultos. A partir das oito e media o grupo Metátese Teatro, que xa estivo noutras ocasións aquí en Burela, un grupo de Palas de Rei e que representará a obra Na procura dun traballo. É dentro do programa Buxiganga, proxecto teatral afeccionado do ano 2019...
leer másA vindeira fin de semana o pavillón da parroquia de San Román acollerá dúas representacións teatrais.
O sábado, 16 de novembro, ás 18:00 horas o Grupo de Teatro O Bordelo ofrecerá "Toluras de Proveito", autoría de Paco Piñeiro.
E O domingo, 17 de novembro, á mesma hora será o Grupo de Teatro O Torques o que actuará en San Román coa obra "Cena de Familia".
O grupo de teatro Adala representará a obra "Comeza a función" este domingo, 10 de novembro, ás 18:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros.
A historia transcorre nunha aldea nos anos 40 contada en ton de comedia.
A representación inclúese no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo.
O Concello de Barreiros colabora na organización deste evento, a través da súa concellería de Dinamización e Participación Cidadá.
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro acollerá este sábado, 9 de novembro, ás 18:00 horas, unha comedia para o público familiar, titulada Saabor!!.
A obra recibiu o Premio do Público de Festiclown 2018. Culturactiva Producións presenta a Félix Rodríguez e a Fran Rei nesta proposta para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González.
Saabor!! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público co mundo da gastronomía. Os protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos cociñando en directo no propio show.












