Artesanía
14/04/2015
O tesoureiro da Mancomunidade de Muncipios da Mariña, Javier Castiñeira, asistiu esta na Escola de Hostalería de Foz á presentación dos Menús Arte_Sans. A iniciativa da Mancomunidade porase en marcha o vindeiro sábado, 18 de abril, en 10 restaurantes da comarca, que servirán os seus menús en pezas elaboradas para a ocasión por doce artesáns mariñáns. O proxecto foilles explicado esta mañá aos alumnos e alumnas do centro por Javier Castiñeira e polo coordinador dos Menús Arte_Sans, Lucas Requejo.
Castiñeira indicou que “cos Menús Arte_Sans a Mancomunidade de Muncipios da Mariña quere promocionar a nosa hostalería desde o punto de vista dos nosos artesáns, que están a facer de verdadeiros guías turísticos da riqueza desta comarca. Fixemos hoxe esta presentación nun centro...
leer más 12/03/2015
Dez restaurantes e doce artesáns da comarca unirán o seu bo facer nos Menús Arte_sans, que se poderán saborear do 18 de abril ao 24 de maio, grazas a este novo proxecto da Mancomunidade de Municipios da Mariña.
O obxectivo é “presentar unha Mariña feita de oficios artesáns e de gastronomía, unha mostra da tradición e da cultura que dan lugar á nosa forma de vida, para que se experimente de forma distinta e para gozala cos todos os sentidos. A través da vista mirando as pezas elaboradas polos artesáns desta comarca, co tacto acariciando esas creacións e sentindo o traballo que hai detrás, co oído escoitando as súas historias, e co gusto percibindo os aromas dos alimentos, as súas cores, os seus matices, a súa textura e a súa forza”.
... leer más 05/12/2014
En Ribadeo abriu as súas portas esta mañá o XII Mercado do Nadal, unha cita coa artesanía e co deseño, que se celebra na rúa Doutor Moreda. Conta coa participación de 25 expositores e permanecerá aberto ata a tarde do vindeiro luns, 8 de decembro. Paralelamente á ampla actividade comercial, o Mercado do Nadal contará cun variado programa de actos lúdicos, tanto para nenos coma para maiores. O alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez, visitarán aos 25 artesáns participantes esta tarde a partir das 19 horas. Antes, ás 17:30 horas, a Asociación Amigos da Gaita de Ribadeo organizará un obradoiro de pandeiretas e baile galego con chocolatada, dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos. Posteriormente, a partir das 20:00 horas esta mesma asociación musical ofrecerá unha...
leer más