Artesanía
O Concello de Cervo programa unha xornada de portas abertas na que convida a todos os artesáns interesados a visitar as instalacións do futuro centro de Artesanía de Sargadelos.
Segundo sinalou o alcalde, Alfonso Villares, “hoxe mesmo enviamos unha comunicación por correo postal a todos os artesáns que amosaron o seu interese por formar parte deste Centro de Artesanía que poremos en marcha en Sargadelos, para convocalos o xoves, 6 de abril, ás 12:00 horas no antigo edificio das Cabalerizas, para que poidan ver, en primeira persoa, o resultado das obras que alí se acometeron, e os espazos que se acondicionaron para este fin”.
É un paso máis –engadiu- “que damos dende O Concello de Cervo para a posta en marcha deste Centro de Artesanía que ocupará un edificio de 840 metros cadrados que acabamos de rehabilitar e que...
leer másA Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este luns no Centro de Artesanía e Deseño, os 3 roteiros para visitar obradoiros de artesáns de toda a provincia (zona centro, mariña e sur), totalmente gratuítos,que o Executivo Provincial ofrece o 31 de marzo, o 1 e 2 de abril para celebrar os Días Europeos da Artesanía. Fíxoo xunto a varios artesáns lucenses que participan nesta cita cos seus obradoiros.
García Porto subliñou que “dende o Goberno da Deputación ofrecemos este tipo de iniciativas, totalmente gratuítas, para fomentar un dos oficios máis ligados á identidade galega que axuda a fixar poboación nas zonas rurais, ademais de ser unha actividade económica cun grande valor engadido. Con estas rutas por todo o territorio lucense conseguimos que os participantes coñezan un pouco máis do traballo diario que...
leer más