Burela
A compañía OnBeat presenta este domingo, 8 de outubro, en Burela o espectáculo “Os 2000 - O Musical. Eu Quero Bailar”, un gran show onde se poderá gozar coas cancións e temas que nos fixeron bailar no novo milenio.
O musical inclúe temas de artistas e formacións como El Canto del Loco, La Oreja de Van Gogh, Shakira, Beyonce, Mónica Naranjo, as e os artistas de Operación Triunfo, Carlos Baute, Fito y los Fitipaldis, etc..
A cita será este domingo, día, 8 ás sete da tarde no Auditorio Municipal de Burela.
A Biblioteca Municipal de Burela acolle o espectáculo 'A igualdade non ten idade', de Luis Vallecillo, como parte do programa Ler Conta Moito
Terá lugar este sábado, 30 de setembro, ás 18:00 no auditorio da Casa da Cultura de Burela. Esta actividade, gratuíta e dirixida ao público familiar, está organizada pola delegación municipal de Cultura do Concello de Burela.
No espectáculo, ambientado nun futuro non moi distante, Luis ten a oportunidade de contar cómo as rapazas e rapaces do seu tempo foron capaces de cambiar o mundo axudando ás persoas maiores a comprender o que verdadeiramente era a igualdade. Nel descubriremos a “Canción” que permitiu converter todas as inxustizas en oportunidades, logrando unha sociedade na que se respeta a todas as persoas, diversas na súa esencia, pero iguais nos seus dereitos. Todo...
leer másO taller terá lugar na sala multiusos da Casa da Cultura de Burela. O horario será de 12 a 13 horas todos os luns.
Está organizado pola AECC e conta coa colaboración do Concello de Burela.
Trátase de actividades para nenos e nenas nados entre 2011 e 2018
As escolas deportivas do Concello de Burela organizan neste curso escolar 2023/24 rutas en bicicleta, tenis e patinaxe lúdico para nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2018.
As rutas en bicicleta serán os luns e mércores de 15:30 a 17:00 horas, guiadas por un monitor para recorrer e coñecer o concello. O punto de partida será a praza do concello. As clases de tenis, os martes de 15:30 a 16:30 horas no pavillón dos Castros, onde tamén serán as clases de patinaxe lúdico os xoves de 15:30 a 17:30 horas.
“Tres actividades de deporte e lecer para fomentar os hábitos de vida saudables entre os nenos e nenas”, explica o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez.
As cotas de inscrición son de 6 euros ao...
leer másA piques de rematar un intenso verán, a Sociedade Cultural Ledicia informa que ao tempo que empezaba o curso escolar, comezou tamén a actividade habitual de outono na asociación.
Está en marcha a escola de baile e música tradicional, con ensaios de música os mércores e venres, e de baile os xoves para adult@s e os venres para a sección infantil (que participará o vindeiro venres nas actividades organizadas pola delegación de medioambiente do concello de Burela con motivo da semana da mobilidade)
Tamén está activo o curso de bordado, os xoves a partir das 16:30 no local social; e a partir do mes de outubro dará comezo un curso multidisciplinar de encaixe de bolillos, calceta e ganchillo os mércores a partir das 20:30 horas.
Para máis información, contactar a través do mail...
leer másO Concello de Burela celebra unha nova edición da Semana Europea da Mobilidade, que terá lugar entre o sábado día 16 e o venres día 22 de setembro. Unha semana chea de actividades de moi diversa índole para promover a sostibilidade e a accesibilidade.
Lina Gómez Pardo, concelleira de Cultura en Burela e responsable do Centro de Educación Medioambiental Gaia, destaca "o compromiso do Concello tanto co medio ambiente como coa promoción dun estilo de vida saudable, que son dous dos eixos centrais da programación desta nova Semana da Mobilidade”.
A concelleira tamén sinala a aposta do Concello “polo uso da rúa para realizar as actividades, non só nas prazas, e sacar fóra aquelas actividades realizadas en ximnasios, aulas ou pavillóns”. Así mesmo, animou á veciñanza a “facer uso do zapato como o mellor vehículo...
leer másA Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias (AFAN), de Burela, abre a súa axenda de actividades do mes do Alzheimer coa presentación en Burela da novela ‘Morir dos veces’, de Alejandro Seral. Será este mércores, 13 de setembro, ás 17:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela.
AFAN Burela explica que é “un libro emotivo cun enfoque valente e esperanzador sobre como o autor afrontou o Alzhéimer do seu pai. O acto constará de 2 partes: proxección e comentario dunha reportaxe feita ao autor no Programa ‘Crónica’ de TVE; e presentación da novela con rolda de preguntas”.
Organizan AFAN Burela e Alejandro Seral, coa colaboración das Concellarías de Servizos Sociais e de Cultura do Concello de Burela.
Está aberto o prazo de inscrición do curso de bordado do Concello de Burela.
O curso terá lugar do 15 de setembro ao 15 de maio na Casa da Cultura, poidéndose elixir quenda entre os luns ou os mércores de 17:00 e a 20:00 ou os mércores, xoves ou venres de 10:00 a 13:00. O prezo de matrícula é de 30 euros.
As inscricións poderán realizarse só presencialmente, no Concello de 9:00 a 14:00, ata cubrir prazas, sendo imprescindible estar empadroado/a en Burela e traer copia do DNI.
El auditorio municipal de Burela acoge el musical Disney Rock el día 22 de septiembre, viernes, a las 19:00 horas. Las entradas disponibles en la web lagranentrada.com y son de dos tipos: en anfiteatro a 13 euros y en patio de butacas a 15 euros.
Es un musical con personajes de cuentos de Disney y versiones de canciones míticas del pop y del rock desde los años 80 hasta ahora. Las voces son en directo y están acompañadas de proyecciones con vídeo mapping y un espectacular vestuario.
Como en anos anteriores e ata o 15 do presente mes de setembro, ábrese o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Música de Burela.
Para formalizar a inscrición as persoas interesadas deberán acudir á Sede na Escola Municipal de Música de Burela, en horario de 10:00-14:00, onde se lles facilitará a documentación necesaria para a matrícula. Asemade, se así o desexan, poderán descargar o impreso da páxina web do Concello de Burela ou ben do Facebook da Escola.
Durante este curso, como en anos anteriores, a Escola de Música traballará na organización e desenvolvemento de cursiños de educación musical, concertos didácticos, talleres, etc., nos que se traballarán diversos contidos coma: apreciación musical, discriminación auditiva, coñece-los elementos da música, práctica instrumental, etc.
... leer más