Copa

Etiquetas:
07/06/2018

O pavillón Vista Alegre será escenario esta fin de semana a Copa Galega Xuvenil (9-10 de xuño) baixo a organización da Real Federación Galega de Fútbol e o Pescados Rubén Burela FS e coa colaboración do Concello de Burela e Pescados Rubén. O salón de plenos do consistorio burelao acolleu esta mañá a presentación da cita, coa presenza do responsable de Fútbol Sala da RFGF en Lugo, Iván Pico, o vicepresidente laranxa, José Luis Sáez, e o director da Escola, Alfonso Mera, xunto ao alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández. 

“É sempre un pracer e unha satisfacción para nós recibir este tipo de eventos deportivos, que é unha garantía de éxito pola incondicional entrega da afección, nun deporte de moita tradición. Esta Copa é unha mostra máis da aposta do Concello polo deporte; queremos que o deporte sexa sempre...

leer más
Etiquetas:
19/04/2017

O Presidente, Darío Campos Conde, presentou este mércores no Pazo de San Marcos a XXXIV edición da Copa Deputación de Fútbol Memorial Pedro Tapia, que organiza o Executivo Provincial coa colaboración da Federación Galega de Fútbol. Fíxoo xunto ao Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, ao Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol en Lugo, Carlos Méndez Moreira, ao Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, e ao exfutbolista lucense ao que se dedicao torneo, Pedro Tapia. O organismo provincial inviste nesta iniciativa 100.000 euros. Son uns 15.000 euros máis que nas anteriores edicións pois, en resposta as peticións dos clubes, a institución tamén asume os custos de arbitraxes e desprazamentos. Durante a presentación do torneo, realizouse o sorteo de emparellamentos que terán lugar durante os meses de maio e xuño por toda a provincia. 

... leer más