Deportivas
15/09/2016
O Concello de Cervo presentou hoxe a nova tempada e abriu o prazo de inscrición nas escolas deportivas para o presente curso con 19 actividades diferentes, 16 para nenos e 3 para adultos, mantendo as cotas que estaban establecidas na tempada anterior. No acto estiveron os concelleiros Dolores García e José Ramón Soto.
O alcalde, Alfonso Villares, explicou que “desde hoxe poden facerse as inscricións para as diferentes actividades que se van levar a cabo nas Escolas Deportivas do Concello de Cervo. A presentación oficial da tempada 2016/2017 terá lugar o 21 deste mes de setembro no auditorio da Casa da Cultura ás 19:00 horas. Neste día resolveranse todas as dúbidas que poidan xurdir, así como as posibles modificacións en horarios,...
leer más 14/09/2016
Do 15 ao 30 de setembro estará aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de inverno, que oferta o Concello ribadense. Son 13 as disciplinas das que poderán gozar os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 13 anos. Nesta edición hai dúas novidades: rugby e hockey liña. O concelleiro de Deportes, David Rivas, subliñou que “poucos concellos poden presumir de ter un abanico tan grande de deportes”.
O edil nacionalista dixo que “estamos rematando un verán frenético no que á actividade deportiva se refire en Ribadeo. E como cada ano toca comezar o novo curso de escolas deportivas, unha aposta clara do Concello polo deporte base no que o ano pasado se xuntaron 463 nenos e nenas no total das disciplinas de inverno...
leer más 09/09/2015
O concelleiro de Deportes, José Ramón Soto Martínez, e a de Xuventude, Dolores García Caramés, presentaron as escolas deportivas municipais para a tempada 2015-2016. As actividades empezarán o 28 deste mes de setembro e previamente, o día 24, terá lugar a presentación oficial no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.
José Ramón Soto explicou que esta iniciativa “esta en marcha dende no Concello de Cervo dende o ano 2007, o que representa unha clara aposta polo deporte base por parte deste Concello, como no podería ser de outra forma. A tempada pasada pechouse con 300 participantes, entre adultos e nenos, e pensamos que nesta edición manterase o número de participantes e incluso poderase superar”.
... leer más





