Deportivas
O Concello de Burela fai público o listado de actividades deportivas dispoñibles neste curso 2024/2025 para a cativada e a mocidade do municipio.
Trátase de actividades organizadas polas escolas deportivas municipais e polos diferentes clubs existentes en Burela.
“A práctica do deporte e os hábitos de vida saudables desde idades moi tempranas son unha prioridade de goberno para o Concello de Burela”, explica o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez.
Entre as modalidades deportivas dispoñibles hai fútbol, baloncesto, fútbol sala, ximnasia rítmica, tenis, taekwondo, balonmán, patinaxe, patinaxe artística, tenis, rutas en bici e xadrez.
Do 16 ao 30 de setembro estará aberta a inscrición nas escolas deportivas municipais de inverno do Concello de Ribadeo. En total son 12 as disciplinas ofertadas: atletismo, bádminton, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hockei liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, tenis de mesa e ximnasia rítmica.
O 16 de setembro darán comezo as escolas de fútbol e bádminton. O 18 será a quenda para o baloncesto, o día 23 iniciaranse as escolas de atletismo e fútbol sala e o día 30 a de tenis de mesa.
Xa en outubro o día 1 comezarán a escolas de ximnasia rítmica e patinaxe, o 3 empezará a de hockei liña, o 4 as de tenis e natación e o 7 de outubro a de pádel.
As inscricións deben realizarse na Casa da Xuventude.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “a...
leer másO vindeiro luns, día 3 de xuño, ábrese o prazo de inscrición para participar nas actividades deportivas para a mocidade (maiores de 12 anos) e persoas adultas que organiza o Concello de Barreiros e que se levarán a cabo nos Colexios Vellos de San Miguel e no Centro Sociocultural de San Cosme. Este programa, denominado Movernos no Verán, ten por obxecto cubrir a demanda de actividades deportivas para a mocidade e as persoas adultas dende o 17 de xuño ata o 13 de setembro do 2024.
As persoas que estean interesadas poderán matricularse no/s período/s seguintes: de 17 a 30 de xuño, de 1 a 31 de xullo, de 1 a 31 de agosto e de 1 a 13 de setembro.
Impartiranse clases dunha hora de duración de Espalda Saudable, Pilates, Ximnasia de Mantemento, Ioga e Zumba.
As Escolas Deportivas Lourenzá celebrará unha cea baile o día 2 de decembro, sábado a partir das 21:30 horas no Multiusos Ponte de Cuñas.
O menú, que servirá Catering Chao de Brea, está composto por caldo, costela asada, sobremesa, café e chupito.
Despois da cea actuará o grupo Sintético fantástico e rematará a festa con DJ Dani Rego.
As entradas están á venda en establecementos hostaleiros da vila ata o 29 de novembro.
Co fin de continuar na senda de ofertar actividades deportivas a crianzas e maiores para potenciar os hábitos de vida saudables e activos, o Concello de Barreiros vén de programar unha serie de actividades encadradas dentro das Escolas Deportivas Municipais para este período 2023-2024.
ACTIVIDADES PARA MAIORES (+16 ANOS)
- Ximnasia de Mantemento
- Espalda saudable
- Ioga
- GAP
- Zumba
ACTIVIDADES PARA MENORES
- Atletismo
- Patinaxe
- Fútbol sala
- Surf
- Natación
- Kárate
O venres 22 publicarase toda a información das escolas para menores na web municipal. O período de inscrición nas escolas deportivas dos menores abrirase o 25 de setembro.
E o luns 25 haberá unha reunión informativa á que se poden achegar todas...
Trátase de actividades para nenos e nenas nados entre 2011 e 2018
As escolas deportivas do Concello de Burela organizan neste curso escolar 2023/24 rutas en bicicleta, tenis e patinaxe lúdico para nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2018.
As rutas en bicicleta serán os luns e mércores de 15:30 a 17:00 horas, guiadas por un monitor para recorrer e coñecer o concello. O punto de partida será a praza do concello. As clases de tenis, os martes de 15:30 a 16:30 horas no pavillón dos Castros, onde tamén serán as clases de patinaxe lúdico os xoves de 15:30 a 17:30 horas.
“Tres actividades de deporte e lecer para fomentar os hábitos de vida saudables entre os nenos e nenas”, explica o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez.
As cotas de inscrición son de 6 euros ao...
leer másDende a Área de Deportes do Concello de Alfoz organízanse unha serie de actividades para os nenos de 4 a 16 anos: clases de patinaxe os luns a dende as 16:00 ata as 18:00 horas, en dous grupos de 1 hora; e atletismo, que terá lugar os venres de 16:00 a 17:00 horas. Ambas actividades levaranse a cabo no pavillón municipal de Alfoz.
O prazo para inscribirse en calquera destas actividades finalizará o día 25 de setembro, e poderase facer tanto a través da Sede Electrónica como na Oficina de Rexistro, na Casa do Concello.
O Concello do Valadouro ofrece escolas deportivas municipais para a tempada 2023-24 en dúas modalidades: patinaxe a atletismo. Son para nenos e nenas de 4º de Infantil a 4º da ESO.
As inscricións poden facerse ata o 25 de setembro na sede electrónica, nas oficinas da Casa da Cultura ou nas Oficinas da Casa do Concello do Valadouro en horario de atención ó público.
Desde hoxe e ata o 29 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais de inverno do Concello de Ribadeo. Son 11 as modalidades ofertadas para este curso 2023-24.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “desde hoxe e ata o 29 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais de inverno do Concello de Ribadeo. As nenas e os nenos poderán practicar deportes como atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hoquei liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, tenis de mesa ou ximnasia rítmica”.
O edil ribadense subliñou que “se trata dunha ampla oferta entre a que poder elixir. O pagamento da matrícula, que son 60 euros por escola, poderá realizarse ata o 16 de outubro. Poderán matricularse todas as nenas e os nenos nados entre os anos 2010...
leer másAs escolas deportivas municipais de Foz ofrecen para a tempada 2023-24 nove especialidades: ximnasia rítmica, patinaxe, teatro, cerámica, multideporte, tenis coreodance kids, badminton e kickboxing.
As actividades, que son para nad@s entre os anos 2007 e 2019, empezarán o 2 de outubro e a inscrición pode facerse ata ao 29 de setembro. Para máis información os interesados poden dirixirse á Casa da Xuventude, teléfono 982.133.037.
A Delegación de Xuventude e Deportes do Concello de Foz agradece ao CEIP O Cantel e ao CEIP Nº 1 pola cesión das súas instalacións para o desenvolvemento destas actividades.












