Deportivas

Etiquetas:
31/08/2021

Desde este mércores, día 1, ata o 17 de setembro na Casa do Concello de Alfoz estará aberto o prazo de inscrición para participar nas escolas deportivas municipais, que contan coas modalidades de patinaxe, fútbol e fútbol sala e son gratuítas. Son para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos.

As escolas deportivas municipais de Alfoz están subvencionadas polo Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.
 

Etiquetas:
20/01/2021

A Concellería de Deportes anuncia que quedan suspendidas, ata novo aviso, as escolas deportivas municipais debido ás novas restricións establecidas pola Xunta, que van entrar en vigor mañá, xoves. 

O edil de Deportes, Ramiro Fernández Rey, dixo que “desde a Delegación de Deportes do Concello de Burela queremos anunciar que, debido ás restricións que nos están impoñendo unha vez máis desde a Xunta de Galicia, nos vemos na obriga de suspender temporalmente as escolas deportivas municipais. Como xa fixemos o pasado mes de outubro temos que insistirlles aos pais que estean tranquilos con respecto ao pago que fixeron por estas escolas porque miraremos ou ben de devolver os cartos, intentar ampliar o prazo das escolas deportivas ou incluso buscar unha actividade alternativa que poida compensar esta nova parada obrigada polo coronavirus”.

... leer más
Etiquetas:
24/09/2019

A Concellería de Deportes organiza unha nova edición das escolas deportivas de inverno. O prazo de inscrición estará aberto do 25 ao 27 de setembro na Casa da Xuventude, en horario de 8:00 a 14:00 horas, e o prezo será de 8 euros ao mes por cada actividade. As escolas que se ofertan son: tenis, atletismo, patinaxe lúdico e como novidade haberá rutas en bicicleta. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, explica que esta tempada non haberá nin zumba nin patinaxe artístico, posto que estas dúas disciplinas eran impartidas por unha empresa contratada polo Concello e ao estar a Corporación Municipal en funcións a lexislación non permite facer estas licitacións.
O edil contou que “do día 25 ata o día 27 está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de inverno do Concello de Burela. O prezo de cada actividade vai ser de 8 euros mensuais e para...

leer más
Etiquetas:
11/09/2019

Do 16 ao 30 de setembro estará aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas do Concello de Ribadeo para tempada 2019/20. En total son 12 as modalidades ofertadas. O pagamento da matrícula, 60 euros por escola, poderá facerse ata o 15 de outubro. A nova edición das Escolas foi presentada hoxe polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López. 

As modalidades deportivas que se impartirán son atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hoquei liña, natación, pádel, patinaxe, rugbi, tenis, tenis de mesa e ximnasia rítmica. O inicio das escolas terá lugar entre o 16 de setembro e o 15 de outubro e o remate será entre o 16 de maio e o 15 de xuño. Están destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2006 e 2015. Nas escolas con límite de prazas realizarase un sorteo entre os inscritos o 2 de outubro...

leer más
Etiquetas:
25/09/2018

O curso 2018-19 nas Escolas Deportivas Municipais de Foz comezará o vindeiro luns, día 1 de outubro, e desenvolverase ata o 31 de maio de 2019. A reunión de presentación terá lugar este xoves, día 27, ás 18:00 horas na Casa da Cultura focense.

Nas Escolas Deportivas Municipais de Foz poderán participar todos os nados entre os anos 2014 e 2002, ambos inclusive. Os alumnos deberán entregar unha fotocopia da tarxeta da Seguridade Social coa ficha. 

As cotas de inscrición para as actividades son as seguintes: 15 euros ao mes para os nenos/as que vaian a unha actividade; e 17 euros ao mes para os nenos/as que vaian a dúas ou máis actividades. As familias numerosas terán un desconto do 50 por cento. As fichas de inscrición entregaranse na Casa da Xuventude. 

Etiquetas:
18/06/2018

Hoxe presentáronse as escolas deportivas municipais de verán que organiza a Concellería de Deportes de Burela e que se desenvolverán do 2 de xullo ao 24 de agosto. A inscrición ábrese o vindeiro luns, día 25 de xuño. Haberá patinaxe, multideporte e xogos tradicionais, rutas en bicicleta, baloncesto e xogos na praia. No acto celebrado esta mañá participaron o alcalde, Alfredo Llano, o técnico de Deportes, Iván Cao “Lucas”, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey.

O edil burelés anunciou que “hoxe presentamos as escolas deportivas de verán no Concello de Burela. O obxectivo é primeiro que o deporte siga practicándose durante todo o verán en Burela, e eu penso que esta iniciativa axuda a que iso se cumpra, e tamén axudar un pouquiño á conciliación familiar dos papás e das mamás que teñen que traballar. Nosoutros con estas...

leer más
Etiquetas:
13/12/2017

A Deputada Provincial pola Comarca da Mariña, Mayra García Bermúdez, xunto ao Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, mantiveron este mércores un encontro con alumnos do programa de ximnasia de mantemento do municipio, co que colabora o organismo provincial.O Goberno da Deputación achega 8.000 euros para a organización de cinco actividades a través das Escolas Deportivas Deportivas Municipais: patinaxe, ximnasia, ioga, fútbol sala e ximnasia de mantemento, nas que participan 85 veciños e veciñas.

García Bermúdez subliñou que “achegamos 8.000 euros ao Concello de Alfoz para a organización de diferentes actividades a través das Escolas Deportivas facilitando a práctica deportiva a veciños do Concello de todas as idades. Facémolo porque consideramos que investir en deporte é investir no benestar dos lucenses. Neste sentido cómpre subliñar que a...

leer más
01/10/2017

As Escolas Deportivas de Barreiros fixeron a súa presentación da nova temporada no día de onte, 28 de setembro, no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro e na que estiveron presentes o alcalde, Alfonso Fuente Parga, o concelleiro de Deportes, Adrián Blanco e os monitores deportivos.

As modalidades deportivas (7) que se ofertan para esta temporada 2017-2018 son as seguintes:

Xogos Predeportivos: Martes de 14:30 – 15:30 horas no Ceip de San Miguel
Multideporte: Martes de 16:45 – 18:00 horas
Patinaxe: Martes de 16:30 – 19:30 horas
Natación: Xoves de 17:15 – 18:00 horas
Fútbol Sala Biberón: Luns e Mércores de 16:45 – 17:45 horas
Fútbol Sala Prebenx.: Mércores de 17:45 – 18:45  e Venres de 16:45 – 17:45 horas
Fútbol Sala Benxamin: Martes de 18:30 – 20:00 e Venres de 17:45 – 18:45...

leer más
Etiquetas:
29/09/2017

As Escolas Deportivas do Concello de Cervo, arrincarán o novo curso o vindeiro luns 2 de outubro; con quince modalidades deportivas diferentes.

A nova tempada foi presentada na Casa da Cultura, polo edil de Deportes, José Ramón Soto, a de Xuventude, Dolores García Caramés, e a representante de IG10 Carolina Villalba; nun acto aberto ao público pensado para resolver dúbidas, establecer horarios, e poñer en común aquelas consideracións que os usuarios estimasen oportunas.

De feito, tal e como sinalou Soto; “decidimos ampliar o prazo de inscrición porque tal e como nos comentaron algunhas familias, hai nenos interesados en configurar novos equipos en disciplinas como o voleibol, polo que daremos esa marxe para tentar formar grupo e programar así novas clases”.

En concreto, hai varios nenos e...

leer más
Etiquetas:
18/09/2017

O novo curso das escolas deportivas municipais de Foz será presentado mañá, martes, cun acto que se desenvolverá na Casa da Cultura ás seis da tarde. As actividades comezarán o día 2 de outubro, luns, e rematarán o 31 de maio.

Nas escolas deportivas municipais focenses poderán participar todos os alumnos nados entre os anos 2012-2002 (ambos inclusive). Deberán entregar unha fotocopia da tarxeta da seguridade social, adxunta coa ficha.
 
As cotas de inscrición para as actividades son as seguintes: 15 euros ao mes para os nenos/as que vaian a unha actividade; 17 euros ao mes para os nenos/as que vaian a dúas ou máis actividades. As familias numerosas terán un desconto do 50 por cento.  

As fichas de inscrición entregaranse na Casa da Xuventude.