Escolas
A ACD Xove abre o prazo de inscrición das Escolas Deportivas e Culturais para a tempada 2017-2018.
A asociación lembra que se pode descargar a folla na páxina de facebook, www.facebook.com/ACD XOVE/, e mandala por correo electrónico, entregala no buzón da ACD. Xove no pavillón ou na piscina municipal de Xove, ou ben facer a inscrición vía online a través da nova páxina web que estará operativa a partir do día 11 de setembro. A asociación comunica que aqueles que non se poidan inscribir por ningún deste medios teñen a opción de recoller a folla na piscina municipal e facer a súa entrega alí mesmo. A data tope de inscrición é o día 20 de setembro.
A ACD Xove oferta dez escolas deportivas nas modalidades de fútbol sala, baloncesto, patinaxe artística, karate, atletismo, tenis...
leer másXa están a disposición dos interesados os tíckets para acudir á XXI Clausura Oficial Edición Das Escolas Deportivas,que será o vindeiro 27 de maio ás 22:00 horas cunha gran cea na Feira Nova.
Os nen@s estarán invitados (os tíckets distribuiranse nos adestramentos) e para as familias están á venda en Morrigan e Neli. Os tíckets de adulto terán un prezo simbólico de 10 euros e os nenos pequenos que non formen parte das Escolas 5 euros. O prazo para a retirada dos mesmos será o 25 de maio.
Mañá, martes, ábrese o prazo de inscrición nas escolas deportivas de verán 2017 do Concello de Ribadeo, que nesta edición ofertan como novidade rugby praia. Están destinadas a rapaces/as nad@s entre 2002 e 2009. O concelleiro de Deportes, David Rivas, subliña que “o prezo de cada escola segue sen subir e mantense nos 40 euros”.
Nenas e nenos ribadenses poderán gozar este verán de actividades como pesca deportiva, piragüismo, remo, surf, vela e rugby praia. Rivas explica que “o prazo de matrícula estará aberto desde mañá ata o inicio da escola ou fin de prazas. Pode facer na Casa da Xuventude de luns a venres de 9 a 14 horas e os xoves de 16 a 19 horas”. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao seguinte teléfono 982 129 889, ao correo deportes@ribadeo.org ou ao perfil de...
leer más