Espectáculo
A Delegación de Cultura organiza un espectáculo de pompas de xabón xigantes para o público familiar que se celebrará o vindeiro venres, 3 de agosto. Será ás 12:00 horas e terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
Os Fabulosos Cleaners presentarán un sorprendente espectáculo visual con pompas de xabón dirixido a un público de todas as idades. Interpretado por Xoque Carvajal e Jouse García, é unha creación de Luis Beviá e o propio Xoque Carvajal é quen tamén dirixe esta cita xunto a Marcos Orsi.
É unha actuación enmarcada dentro do programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia.
Mañá, venres, pola noite Acisa en colaboración coa Xunta de Galicia organiza un espectáculo en Rinlo “co fin de dinamizar algunhas parroquias tan importantes coma esta, que conta cuns establecementos hostaleiros e gastronómicos de grande categoría como son A Cofradía, El Portillo, A Mirandilla ou Porto de Rinlo”, sinala o presidente de Acisa, Francisco Iriarte.
A partires das 22:30 horas na praza de San Catalina haberá un espectáculo musical e visual a cargo de Queiman e Pousa. Os que se acheguen ata Rinlo gozarán dunha noite máxica e sorprendente, na que se exaltará a súa gastronomía, a paisaxe e a tradición.
Iriarte anima “a todo o mundo a asistir a este espectáculo e a non perder a oportunidade de consumir e cear nos catro establecementos asociados a Acisa cos que contamos en Rinlo”.
E engade: “desde...
leer másA Concellería de Cultura programa para este domingo, 22 de abril, o espectáculo titulado "Achégate ao sexto sentido" co mago Manuel Lamas.
Esta actuación, incluída no programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros ás 18:00 horas.
Trátase dunha montaxe novidosa onde as novas tecnoloxías se mesturan con fermosas historias contadas con dobre sentido para que o público disfrute con emoción e ilusión.
O espectáculo "Jurásico. La isla perdida" estará na Casa da Cultura de Burela o día 15 de decembro. As entradas xa se atopan á venda.
Despois da súa xira de tres anos por Europa, chega a España esta montaxe que une cultura, diversión, ecoloxía, tecnoloxía, imaxe e son, cunha posta en escena completamente exótica pensada para un público familiar. Presenta as situacións que rodean ao mundo animal, pero coa particularidade de que as personaxes ás que lles suceden as aventuras son, aos ollos do público, auténticos dinosaurios.
"Jurásico. La isla perdida" presentarase na Casa da Cultura de Burela o día 15 de decembro, ás 20:00 horas.
As entradas están á venda en ataquilla.com, na Biblioteca Municipal de Burela e na cervexería O Traste.
O ilusionista Martín Camiña chegará a Barreiros con A maxia de Carlos Casares. A representación terá lugar este domingo a partir das 19:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
O mago Martín Camiña ten recibido diversos premios entre os que se atopan o Nacional de Maxia e o da Asociación Portuguesa de Ilusionismo. Nesta ocasión dedica o seu espectáculo a Carlos Casares, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
A actividade inclúese no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia, coa que colabora o Concello de Barreiros a través da Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.










