Festas
A cita ábrese co pregón que pronunciará Sara González García, elixida mellor enxeñeira química xove de España pola Real Academia de Enxeñería. Será o 28 ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga.
O programa inclúe o día 29 a IV Ruta a Cabalo As Quenda 2017. Haberá teatro e pola noite ás 21 horas concerto de Hugo Torreiro, na Casa da Xuventude.
O 30 de abril haberá unha exhibición hípica (concurso de saltos) na Granxa e ás 20:00 horas concerto de A Roda, no auditorio Pascual Veiga.
E o 1 de maio celebrarase a Feira Tradicional de Gando Cabalar, a Festa da Empanada e o Mercado de Produtos do Campo Galego.
Nas Quendas haberá tamén as VI Xornadas Gastronómicas de Carne de Poldro Galego, grupos de gaitas, Títeres, obradoiros de amasado de pan e o recital poético...
leer másA Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as festas patronais da parroquia en honra a San Isidoro, o sábado 8 e domingo 9 de abril.
Os festexos darán comezo o sábado, ás 13:00 horas, coa misa solemne na igrexa parroquial e procesión na honra de San Isidoro. Ás 14:00 horas terá lugar a sesión vermú con Diamantes, e ás 15:00 horas celebrarase un xantar nunha carpa totalmente pechada (para inscribirse hai que chamar ao teléfono 646 647 619).
Pola tarde, a partir das 17:00 horas, haberá verbena con Diamantes e Fenix. A comisión ten preparados tres trofeos para as tres mellores parellas de baile nesta verbena, ademais de trofeo para a parella máis vella e máis nova.
O domingo continuará o programa de festas ás 10:00 horas, coa ruta de sendeirismo de Penasagudas á Cruz do...
leer másAs festas patronais de Burela volverán contar este ano cunha gran atracción na praza do Concello. Esta vez será o Ratón Vacilón, enfocado a un público máis familiar e infantil. A comisión organizadora das festas patronais comezará en abril a recadar fondos polo comercio e polas empresas de Burela, segundo deu a coñecer o concelleiro de Cultura, José Díaz, que tamén é membro desta comisión de festexos.
Díaz subliñou que “en las fiestas también habrá de nuevo atracción en la plaza del Concello. La noria fue un éxito indudable el año pasado, queremos repetir y acercar las fiestas al pueblo teniendo una atracción en ese lugar. En este caso la atracción es un formato parecido a la montaña rusa, enfocado a un público más familiar e infantil, pero también muy espectacular y que estoy seguro de que va a llamar muchísimo la atención, y que nos...
leer más












