Festas

Etiquetas:
10/05/2018

A comisión das festas patronais de Ribadeo 2018 comezou xa a traballar. Nuns días visitarán os domicilios e os negocios locais en demanda de axuda económica para sufragar os gastos dos festexos que se celebrarán do 5 ao 9 de setembro. O pregón será o día 1. A comisión, que foi presentada nas últimas horas, está formada por Juan José Otero (como presidente), Avelino Martínez e Marta Saiz. Ao seu carón estiveron o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Cultura, Farruco Graña. O rexedor confirmou o apoio pleno do Concello á comisión, que tamén organizará as festas de San Roque o 16 de agosto.

O presidente da comisión das festas patronais de Ribadeo, Juan José Otero, agarda que “sexa polo menos como o ano pasado ou incluso un pouco mellor”. E anunciou que “empezaremos a semana que ven a facer o libro, e despois seguido ata ter todo feito...

leer más
Etiquetas:
22/04/2018

Os días 18, 19 e 20 de maio terán lugar as Festas de Obispo Santo en San Martiño, en Foz, a carón da ermida de San Gonzalo.

O venres a festa-verbena estará amenizada polas orquestras Nueva Banda e Jerusalén.

O sábado ás 13:30 horas celebrarase a misa e despois haberá sesión vermú co grupo Taxi. Na festa-verbena actuarán o grupo Taxi e a orquestra New York.

O domingo ás 13:00 horas terá lugar a misa, seguida de sesión vermú.

Durante os tres días haberá pulpo, xamón cocido e churrasco servido pola pulpería A Rochela, de Vilalba.

Os festexos están organizados pola asociación cívico-cultural Obispo Santo coa colaboración do Concello de Foz.

13/04/2018

O 28 de abril darán comezo As Quendas de Mondoñedo coa lectura do pregón a cargo de Ruth Chao, directora e produtora audiovisual premio Mestre Mateo. Será ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga.

O 29 de abril celebrarase a I Xuntanza de Vespas, Lambrettas e Motos Clásicas. Haberá ademais unha exhibición hípica, con concurso de saltos, na Granxa, e ás 19:30 horas, no auditorio, actuará o grupo Daboapipa, a entrada será de balde. Tamén actuarán as orquestras PK2 e La Fórmula.

O 30 de abril ás 21:00 horas Xosé A. Touriñán presentará o seu Monólogo. Será no auditorio e o prezo da entrada a 5 euros. A música desa xornada correrá a cargo das orquestras Palladium e Claxxon.

O 1 de maio terá lugar a Feira de Gando e o Mercado de Produtos do campo galego. Ademais celebrarase a XXXV Festa da...

leer más
Etiquetas:
22/03/2018

Trabadela, localidade da parroquia de Sante, no concello de Trabada, celebra as súas tradicionais festas na honra de San Xosé os días 31 de marzo e 1 de abril, sábado e domingo.

Os festexos empezarán o sábado 31 de marzo ás dúas da tarde coa sesión vermú que estará amenizada pola orquestra Compostela, que tamén actuará na verbena, a partir das dez e media da noite, xunto co grupo Montreal.

O domingo 1 de abril haberá misa solemne ás 13:30 horas e a continuación sesión vermú coa orquestra Abanico, que tamén actuará na verbena, programada para as dez da noite.

O recinto festivo estará cuberto con carpa.

Os organizadores das festas de Trabadela son Sara, José Luis, Josefa, Antonio, Venancio e Jose. 

 

Etiquetas:
02/02/2018

Este venres, 2 de febreiro, comezan as Festas da Candelaria na parroquia de Rúa, no concello de Cervo, que se prolongarán ata o vindeiro domingo, día 4.

Hoxe, venres, a partir das 22:00 horas, haberá verbena coas orquestras Ritmo Joven e Capitol.

O sábado, 3 de febreiro, ás 13:00 horas terá lugar unha misa cantada e procesión. A continuación celebrarase unha sesión vermú coa orquestra Compostela, e pola noite a verbena estará amenizada polas orquestras Compostela e Panamá.

O domingo, 4 de febreiro, ás 13:15 horas haberá unha misa cantada e procesión, e a continuación a sesión vermú coa orquestra Abanico que volverá a actuar na verbena a partires das 20:30 horas. 

Os festexos terán lugar nunha carpa pechada con calefacción.

Estas festas...

leer más
Etiquetas:
08/01/2018

En Lagoa, Alfoz, celébranse os días 27 e 28 deste mes de xaneiro as festas na honra a San Vicente.

O sábado 27, ás 21:30 horas, terá lugar a Festa dos Callos con verbena amenizada pola orquestra Gran Parada. Haberá queimada gratuíta, e instalaranse mesas e bancos nun recinto con carpa completamente pechada e calefacción. Ademais sortearase un fin de semana para dúas persoas no Balneario de Carballo.

O domingo 28, ás 13:00 horas, celebrarase a misa solemne seguida de procesión. Haberá tamén sesión concerto e actuación do Grupo Tribal.

Organiza a comisión de festas e Asociación de Veciños, coa colaboración do Concello de Alfoz e a Deputación de Lugo.

 

Etiquetas:
24/09/2017

O escritor e xornalista Miguel-Anxo Murado será o pregoeiro das Feiras e Festas da San Lucas 2017, segundo anunciou hoxe o presidente da asociación organizadora, Miguel Souto, quen puxo de manifesto “o orgullo que supón para nós que Miguel-Anxo Murado, unha persoa ligada dende a súa infancia a nosa cidade, aceptase o noso convite para pronunciar este ano o pregón das feiras máis antigas de Galicia”.

Miguel-Anxo Murado (Lugo, 1965) é autor dunha obra que inclúe novelas, libros de relatos, poesía, teatro e ensaio. Entre os seus libros de ficción destacan Ruído ou O Soño da Febre, e entre os seus ensaios o volume Outra Idea de Galicia, unha reflexión sobre o país. Antigo correspondente do diario El Mundo en Oriente Medio, na actualidade é columnista e comentarista de política internacional en La Voz de Galicia e na prensa británica e...

leer más
Etiquetas:
03/09/2017

O venres 8 e o sábado 9 de setembro celébranse na parroquia de Conforto, no concello de A Pontenova, as súas festas na honra da Nosa Señora.

O día 8 haberá misas ás 9:00, 10:00, 11:00 e 12:00, e ás 13:00 horas terá lugar a misa solemne e sesión vermú. A noite a verbena estará amenizada por Disco Móbil Blanco y Negro.

O día 9, ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne e posterior procesión, e a sesión vermú e a verbena correrán a cargo de M-5 e o dúo D´Cine.

 

Etiquetas:
28/08/2017

A comisión organizadora das festas patronais de Ribadeo, que é a Asociación Cultural Santa María do Campo e San Roque, decidiu ampliar o programa de actividades para o día 6 de setembro, mércores, cun concerto do grupo Claxxon no Cantón dos Moreno a partir das 22:30 horas e actuación da charanga Os Charangos, que percorrerá as rúas da vila desde as seis e media da tarde ata as dez e media da noite. 

Ademais para a xornada do 6 de setembro mantéñense as actividades que xa estaban programadas: o Día Infantil a partir das 16:30 horas no Cantón, co Parque Diverneno, que incluirá tobogán de auga, taller de chapas, inchables e festa da espuma. E ás 20:30 horas no Quiosco da Música do parque de San Francisco presentarase o cuarto disco CD de José Pulpeiro Doval O Gallopín.

O programa dos festexos patronais ribadenses...

leer más
Etiquetas:
26/08/2017

A cidade de Mondoñedo celebra os días 8, 9, 10 e 11 de setembro as Festas Patronais de Nosa Señora dos Remedios que organiza unha nova comisión de festas formada por catro membros en colaboraciónco Goberno local. Os festexos darán comezo o día 8 coa Festa da Xuventude a partir das 23:00 horas na Praza do Concello.

O sábado será a quenda das actuacións musicais de Lecer e Montreal. O domingo a música correrá a cargo de Salsarena e Claxxon e o luns día 11 de Alma Latina.

O programa das Festas Patronais de Nosa Señora dos Remedios inclúe a VII Xuntanza de Cantos de Taberna Cidade de Mondoñedo, así como a actuación do coro mindoniense. Tamén haberá un partido de fútbol o domingo ás 18:00 horas entre o Mondoñedo F.C. e a S.D. Candelaria.

Presentación da Banda Municipal de Música Pascual Veiga...

leer más