Luís Alonso

02/02/2026

O sábado 28 de febreiro o ensaísta, crítico literario e investigador Luís Alonso Girgado recibirá a distinción de Cunqueiriano de Honra de 2026. Será no salón de plenos do Concello de Mondoñedo ás 12:00 horas, onde estará acompañado por diversas autoridades. Converterase, así, no décimo homenaxeado dende que se instituíu este galardón.

O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro promoven a distinción de Cunqueiriano de Honra co fin de recoñecer o labor daqueles persoeiros que se teñen significado na visibilización e proxección da figura do escritor mindoniense.

Neste 2026 unha comisión designada ao efecto polo Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, organizadores do evento, decidiu premiar “a longa e vizosa traxectoria dun gran coñecedor da figura de Cunqueiro como é o estudoso e crítico...

leer más