Museo do Mar
A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, inaugurou este martes a mostra Nós+outrxs en redeque estará exposta ata o 30 de abril nos 4 museos da Deputación; Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, Fortaleza de San Paio de Narla e do Mar.En paralelo á exposición, nos catro museos da Rede Museística levaranse a cabo obradoiros coordinados e xestionados polos propios artistas.
García Porto subliñou que “dende o Goberno da Deputación programamos durante todo o ano nos 4 museos da Rede Museística exposicións, obradoiros e actividades que promoven e defenden a igualdade, como o proxecto Nós+outrxs en rede, ao mesmo tempo que fomentamos e difundimos o traballo dos artistas da nosa provincia”.
Antes da inauguración da mostra, tivo lugar no Museo Provincial de Lugo unha mesa redonda na que participaron...
leer másA Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, presentou este martes os agasallos que o Goberno da Deputación vai a entregar o vindeiro venres aos visitantes dos 4 museos da provincia; Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, San Paio de Narla, e do Mar, e aos da Capela de Santa María, con motivo do 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
García Porto subliñou que “Rosalía de Castro foi un exemplo de liberdade para todas as mulleres e un referente de compromiso coa identidade, a cultura, e a lingua galega. Dende o Goberno da Deputación queremos homenaxear a unha das artistas máis importantes da nosa historia que foi, é e será, un símbolo para o pobo galego”.
En total entregaranse 250 láminas, co poema Adiós ríos, adiós fontes da artista galega,e unha rosa. A ilustración de Rosalía de Castro é de Noemí López...
leer más