Patronais
Este xoves, 26 de setembro, dan comezo as festas de San Cosme de Barreiros. Ás 13:30 horas, haberá misa solemne na igrexa de abaixo con posterior procesión. Despois terá lugar a sesión vermú co grupo La Bamba, que tamén amenizará a verbena xunto ao dúo Estrellas.
O venres 27 ás 13:30 horas celebrarase unha misa solemne na igrexa de arriba. De seguido haberá sesión vermú co grupo Abanico que tamén estará na verbena xunto a Lecer.
Estes festexos están organizados por C.F. Celta Barreiros coa colaboración do Concello de Barreiros.
Co pregón que pronunciará o xornalista ribadense Fabián Pérez Rego este sábado, 31 de agosto, darán comezo as festas patronais de Ribadeo 2019. Será ás 20:30 horas no Teatro. E no mesmo intervirán o presidente da comisión organizadora, Juan José Otero, e o alcalde, Fernando Suárez. O acto será conducido pola xornalista Carmen Cruzado.
O pregoeiro Fabián Pérez naceu en Ribadeo en 1993, estudou no Colexio Sagrado Corazón e no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros. En 2011 trasládase a Barcelona a cursar a carreira de Xornalismo e dous anos de Ciencias Políticas. Desde 2015 reside en Madrid, cidade á que se desprazou inicialmente para cursar un máster.
Pasou polo diario El Progreso en A Mariña no verán de 2014 e estivo na Cadena SER en Barcelona en 2015. Actualmente traballa como reporteiro no programa Todo es...
leer másO Concello do Valadouro organiza as Festas do Oito que darán comezo o 7 de setembro cunha xornada que estará patrocinada por locais hostaleiros, comerciais e polo propio Concello. Ese día ás 14:30 horas haberá sesión vermú co grupo Café Olé; ás 16:30 horas parque infantil con Diverneno; e ás 22:30 horas celebrarase a verbena con Café Olé, Los Alcántara e discoteca móbil Decibelios.
O domingo, 8 de setembro, ás 12:30 horas terá lugar a misa solemne na honra de Santa María; ás 14:30 horas haberá sesión vermú amenizada polo grupo Fénix; ás 20:00 horas presentarase o espectáculo de maxia Maxia de catro a catro co mago Pedro Bugarín, no salón de actos da Casa da Cultura; e ás 22:30 horas haberá verbena co grupo Fénix e Nazaret.
Xa o luns, 9 de setembro, ás 11:00 horas terá lugar o pasacalles coa banda de música Ars...
leer másPresentado o Programa das Festas Patronais de Xove 2019, dedicadas a San Bartolo (Patrón de Xove) e á Virxe do Carme.
No acto participaron os organizadores das Festas, o Concello coa presenza do alcalde, Demetrio Salgueiro, e a Comisión formada por Carlos Cociña, Benigno Canoura, Luis Pico e Dalmacio Fernández.
As Festas, que comezan o 29 de agosto co Día da Xuventude, van rematar o 2 de setembro co Día do Neno. Nas mesmas inclúese un intenso conxunto de actividades de todo tipo: concertos, bailes, teatro, deporte, exposicións e un amplo etc.. No deseño do programa tentouse de realizar actividades para tódolos grupos de idades, dende os máis xoves ao máis maiores.
As festas patronais de Viveiro celebraranse desde o 1 ata o 19 de agosto.
O xoves 1 ás 20:30 horas na praza Maior dará comezo a Mostra Folklórica Infantil. O venres 2 ás 22:30 horas tamén na praza Maior ofrecerá un concerto de música folk Bágoas da Terra. O sábado 3 ás 22:30 horas na praza Maior actuará o Gran Ballet Arxentino.
O domingo 4 ás 20:30 horas na praza Maior terá lugar a Gran Gala Internacional da Mostra Folklórica de Viveiro; e durante todo o día, nos Xardíns Noriega Varela, celebrarase o Festival de Cervexa Artesá. O 5 de agosto ás 20:00 horas na praza da Fontenova presentarase o espectáculo de Raquel Queizás. O mércores 7 ás 20:30 horas na praza da Fontenova ofrecerá un concerto Eu Son Band.
O día 8 de agosto ás 22:20 horas dará comezo a carreira popular Adrián Ben; e ás 00:...
leer másAs festas patronais e do mar de Celeiro celebraranse do 25 ao 28 de xullo.
O día 25 actuarán as orquestras Trébol e D´Moda. O día 26 a música correrá a cargo de Samba e Gran Parada. O día 27 as verbenas serán amenizadas por Palladium e Decibelios. E o día 28 estarán as orquestras Trovadores e Satélites.
Ademais o día 24 haberá unha festa da cervexa e a empanada. E o día 29 de xullo terá lugar o Diverneno.
Hoxe foi presentada a comisión organizadora das festas patronais de Ribadeo que está formada, por terceiro ano, por Juan José Otero, Avelino Martínez e Marta Saiz. Xunto a eles estiveron o alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Cultura, Pilar Otero, para amosarlles o apoio do Concello. O rexedor destacou o traballo realizado pola devandita comisión que afronta o seu terceiro ano organizando as festas de San Roque e as de Santa María do Campo.
O alcalde, Fernando Suárez, manifestou que “por parte do Concello, tanto desde a Área de Cultura como do Concello en xeral, queremos apoiar publicamente o traballo, moitas veces ingrato, pero absolutamente abnegado e decidido destas persoas que son moi poucas, tanto de Juan como Avelino e Marta, por todo o que fixeron nestes anos e como se planifica tamén estas vindeiras festas da patroa e de...
leer másAs festas patronais de Burela, que comezaban o pasado sábado, continúan esta semana con diversas actividades como o karaoke infantil-xuvenil que se celebrará o mércores, día 29 de maio, a partires das 20:30 horas. O xoves 30 será o karaoke senior que dará comezo ás 21:00 horas. Estas actuacións terán lugar na Casa da Cultura e os ensaios desenvolveranse de 17:00 a 19:00 horas.
O venres, día 31, actuarán as orquestras Finisterre e Paris de Noia, a partires das 23:00 horas no recinto das festas.
O sábado, 1 de xuño, ao longo de toda a xornada, terá lugar a confección da alfombra floral. Ás 14:00 horas, a sesión vermú correrá a cargo da orquestra Israel, e ás 21:00 horas, na igrexa parroquial, celebrarase a misa cantada pola Coral Polifónica de Burela. Ao remate da misa procederase á baixada das imaxes da virxe do...
leer más
A misa, a procesión marítima e a sesión vermú do 2 de xuño vanse adiantar un cuarto de hora para que os mariñeiros poidan disfrutar das festas patronais de Burela coas súas familias. Así o ven de comunicar a comisión organizadora.
A presidenta da comisión, Toñi Eijo, explicou que “por reajustes de la programación de los actos del domingo de las fiestas, el 2 de junio, se adelanta en quince minutos la misa, la procesión marítima y la sesión vermú. El motivo es poder atender a las peticiones de los marineros para que puedan disfrutar de la jornada matutina con sus familias. Nuestra intención es atender las necesidades de todos y que todos podamos disfrutar de cada acto festivo”.
Eijo tamén contou que “seguimos trabajando para traer una atracción espectacular y que no haya estado nunca en Burela”.
... leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- siguiente ›
- última »