Reis
A ANPA do CEIP Castro do Ouro de Alfoz organiza a Cabalgata de Reis que terá lugar o sábad, 5 de xaneiro, e que sairá da Casa da Cultura ás 15:45 horas.
A comitiva real visitará a vivenda comunitaria ás 15:50 horas, e posteriormente parará na igrexa das Oiras, na igrexa do Pereiro, na capela do Santiago e na escola da Pinguela. Ás 16:45 horas visitará o campo de fútbol, e despois deterase en Reirado ás 17:10 horas, en Vilaude ás 17:20 h., na igrexa de Bacoi ás 17:35 horas, no Trece ás 17:45 h., na igrexa de Carballido ás 17:55 h. e na igrexa de Adelán ás 18:10 h. A cabalgata dos Reis Magos de Oriente visitará ademais o Castelo ás 18:25 horas, parará na Seara ás 18:45 h. e ten prevista a chegada ao pavillón ás 18:55 horas. A organización informa que os horarios previstos son aproximados.
No pavillón municipal, a...
leer másO Concello e a asociación da comisión das festas patronais asumirán a organización da Rosconada que terá lugar o día 5 de xaneiro, ao remate da Cabalgata de Reis. Na carpa instalada na Praza da Mariña será a cita, e o prezo da ración de roscón coa taza de chocolate de 2 euros. O concelleiro de Cultura, José Díaz, e a presidenta da comisión de festas, Toñi Eijo, fan unha chamada á participación do tecido empresarial burelés para que esta Rosconada sexa un éxito.
O concelleiro dixo: “queríamos anunciar respecto al roscón de reyes que tradicionalmente desde hace unos años se reparte el día de la Cabalgata, al terminar, en la Praza da Mariña, en la carpa que ponemos últimamente. Esa rosconada estaba organizada por Acia de Burela estos últimos años, pero dado que ahora la directiva está sólo en funciones, de hecho no organizan ya nada,...
leer más
O Concello de Barreiros celebrará o vindeiro luns, 5 de xaneiro, a súa tradicional Cabalgata dos Reis. O acto completarase coa instalación dun nacemento vivente que estará aberto ao público a partir das 20:00 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Ata alí achegaranse, a partir das 20:30 horas, as maxestades reais para visitar este nacemento e para deixar os seus agasallos. Dende a Concellería de Cultura e a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Barreiros, organizadoras da actividade, así coma dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, colaboradora do evento, agradecen a participación dos mozos e voluntarios que fan posible este nacemento e animan a tódolos veciños de Barreiros a acudir a esta tradicional cita.






