Rúa
Ribadeo acollerá a cuarta edición do Mercado de Rúa organizado pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA)-Centro Comercial Aberto os días 19 e 20 deste mes, sábado e domingo. Nesta iniciativa, na que as tendas saen á rúa ofrecendo as últimas oportunidades e avances de temporada, participan 27 establecementos: Opticalia Ribadeo, Centro Auditivo Global, La Moda Hombre, Joyería Azabache, Modesto G, Anais, Pequerrechos, Mercería Vizcaya, Sanjurjo Moda, Sprit, Lencería Julia, Tu&Tu, R23, Menfer, Mercería Torviso, Platería Gutié, Farfala, Bis a Bis, Mika, Saia, Hola Ola Surf, Hola Ola Street, Glass, Fauna, Naná, Coco y Jatay.
A directiva de ACISA Ribadeo explica que esta actividade “consiste en que as tendas saquen á rúa os seus produtos, ben sexan restos de stock ou avances de tempada, no horario comercial...
leer másO domingo, día 23, de abril celébrase en todo o mundo o Día do Libro. Por caer en domingo, este ano é un pouco especial e na Librería Bahía, de Foz, vano celebrar tamén dun xeito un pouco especial.
Os seus propietarios explican que “durante toda a mañá levaremos unha gran mesa de libros á explanada da Praza Conde de Fontao e sacaremos tamén os libros á rúa diante da nosa librería na Avenida da Mariña. Na praza faremos ademais un gran cartel de homenaxe ao libro coa colaboración de toda a xente que se achegue a celebrar con nós esta data festiva para todos os amantes dos libros e da literatura.
Durante toda a mañá do domingo os libros venderanse cun desconto do 10% que se prolongará tamén durante toda a xornada do luns, 24 de abril, na librería.





