Rúa
O Centro Comercial Aberto de Foz organiza os próximos días 19, 20, 21 y 22 de agosto unha nova edición do seu Comercio na Rúa.
Os establecementos participantes ofrecerán durante estas catro xornadas descontos especiais nos artigos que exporán nas rúas de Foz. As ofertas e promocións abarcarán todo tipo de produtos e servizos. En caso de mal tempo, os artigos atoparanse expostos no interior dos negocios.
O presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo asegura que “será un bo momento para adquirir todo tipo de artigos e produtos de tempada cuns descontos moi interesantes. Convidamos a xente, tanto veciños como turistas, a pasear polas nosas rúas, a mercar nos comercios locais e a desfrutar con total seguridade da nosa hostalería, sempre coas normas de seguridade e hixiene actuais en mente”.
... leer másO Ciclo de Cine de Verán do Concello de Burela continúa coa súa programación proxectando en pantalla xigante a película animada Mascotas 2. “Aínda que estaba prevista para mañá, debido ao mal tempo que hai anunciado, decidimos aprazala para o xoves, á mesma hora e no mesmo lugar”, explica o concelleiro de Cultura, José Díaz. A proxección de Mascotas 2 será o xoves, 20 de agosto, ás 22:30 horas na Praza da Mariña.
A segunda parte da película Mascotasvolve traer as trepidantes aventuras de Max, que se enfrontará nesta ocasión a importantes cambios na súa vida, como o matrimonio e a maternidade da súa dona. Max terá que aprender a dominar os seus medos grazas a axuda de Rooster, un can granxeiro que coñece nun viaxe familiar ao campo. Os amigos de Max tamén terán as súas propias andanzas. Gidget tratará de recuperar o xoguete favorito de Max...
leer másO Concello de Foz programa cine os xoves na vila e os venres nas parroquias ata o día 21 de agosto. Esta iniciativa da Delegación Municipal de Cultura, foi presentada hoxe, xornada na que se proxectará a película Longa Noite, ás 22:30 horas no Campo da Cabana. Mañá, venres, á mesma hora ofrecerase en Fazouro o filme Dumbo.
O alcalde focense, Fran Cajoto, destacou que é unha presentación “moi especial porque estamos saíndo dunha situación moi complicada que estamos tendo co Covid en todo o Estado, e aquí, na Mariña, houbo un rebrote, que afortunadamente está controlado, están baixando os casos, pero tivemos que pospoñer este proxecto no que cremos moito. Un proxecto máis amplo é sacar a cultura a rúa e visualizala e non esquecernos dun sector que non o está a pasar ben. Este ano coas medidas que temos máis restritivas de control de aforo e...
leer másDesde mañá, mércores, e ata o 24 de xullo, o Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición da súa campaña Comercio na Rúa, unha cita indispensable nos veráns en Foz.
Durante estas tres xornadas, os establecementos da vila ofrecerán interesantes descontos e exporán os seus artigos nas rúas da vila. As ofertas aplicaranse a todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos distintos locais adheridos á campaña.
Os preto de 30 comercios participantes nesta edición do Comercio na Rúa son: Vagaluz, 5 Lobiños, Sueños, Vas’s, Vas’s Outlet, Ginzo Hombre e Ginzo Mujer, Arrullos, Lourdes moda íntima, Chuvia, Carmen León Zapatería, N1 Deportes, María Docampo, Alma Libre, Chinela Nenos, Librería Bahía, Din y Don, Longarela, Calzados Pirde, Decoraciones Pura, Unique-2, OfiFoz, Xanela complementos e agasallos, Don...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición da súa campaña Comercio na Rúa, que terá lugar do 22 ao 24 de xullo.
Establecementos da vila ofrecerán interesantes descontos durante esas tres xornadas nas que exporán os seus artigos nas rúas da vila. As ofertas abarcarán todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos distintos locais adheridos a esta iniciativa.
O presidente de CCA/ACIA Foz, José Carlos Paleo, sinala que “pouco a pouco temos que ir recuperando as actividades na nosa vila, con precaución e seguindo todos os protocolos de seguridade. De aí que a vindeira semana contaremos cunha nova edición do noso Comercio na Rúa, unha cita clásica dos veráns en Foz”.
Paleo engade que “será un bo momento para facerse con prendas e produtos de temporada a prezos moi...
leer másMañá e o domingo, días 17 e 18 de agosto, preto de 30 establecementos asociados a ACISA Ribadeo sacarán á rúa os seus produtos nunha nova edición do Mercado de Rúa, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos en colaboración coa Xunta de Galicia e co Concello de Ribadeo.
Un ano máis ACISA programa esta actividade de dinamización comercial co obxectivo de facer mais accesibles os produtos aos clientes.
Dende a xerencia da asociación, Jesús Pérez, explicou hai uns días que “dende ACISA cremos que esta cita é moi interesante para os nosos asociados e tamén para os seus clientes. Con ela pretendemos facer un comercio mais preto de ti, facendo que na propia rúa poidas ver os produtos sen necesidade de entrar nas tendas”.
E engadía: “este ano ven con novidades...
leer másOs días 17 e 18 de agosto preto de 30 establecementos asociados a ACISA Ribadeo sacarán á rúa os seus produtos nunha nova edición do Mercado de Rúa, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos en colaboración coa Xunta de Galicia e co Concello de Ribadeo.
O Mercado de Rúa xa está preparado en Ribadeo. Un ano máis ACISA programa esta actividade de dinamización comercial co obxectivo de facer mais accesibles os produtos aos clientes.
Dende a xerencia da asociación, Jesús Pérez, explica que “dende ACISA cremos que esta cita é moi interesante para os nosos asociados e tamén para os seus clientes. Con ela pretendemos facer un comercio mais preto de ti, facendo que na propia rúa poidas ver os produtos sen necesidade de entrar nas tendas”.
E engade: “este ano...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición da súa campaña Comercio na Rúa, que terá lugar os días 26 e 27 de xullo.
Trinta establecementos da vila ofrecerán interesantes descontos durante esas dúas xornadas nas que exporán os seus artigos nas rúas da vila, agás algún deles que o fará no seu interior. As ofertas abarcarán todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos distintos locais adheridos a esta iniciativa. Segunda subliñan desde o CCA “en caso de que o tempo non acompañe os locais ofrecerán os descontos no interior”.
Os comercios participantes este ano na campaña Comercio na Rúa son: 5 Lobiños, Alma Libre, Arrullos, Briz Peluquería, Buxo Xogos, Carmen León Zapatería, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, La...
leer másA asociación de veciños de Rúa Candelaria, en Cervo, organiza unha churrascada de San Xoán o sábado, 22 de xuño.
A festa dará comezo ás 20:00 horas no recinto da escola de Rúa e haberá churrasco, chourizos e torresmos. Tamén se celebrará unha verbena que estará amenizada polo grupo Vivarium.
A churrascada será de balde para os socios e o prezo para os non socios é de 6 euros. Os tíckets estarán á venta no recinto da festa a partir das 19:00 horas.
Colaboran na organización deste evento o Concello de Cervo e Panadería Pastelería Abad de Burela.
Dende este venres, 1 de febreiro, e ata o domingo 3 celébranse as Festas da Candelaria en Rúa, Cervo.
O venres, día 1, a partir das 22:00 horas, haberá verbena coas orquestras La Bamba e Esencia.
O sábado 2 ás 13:00 horas oficiarase a misa solemne cantada polo coro parroquial de Cervo, e a continuación a procesión e sesión vermú coa orquestra Panamá. A partir das 22:00 horas, haberá verbena con Panamá e Disco Móvil Havana. Ademais terá lugar a actuación estelar de Pili Pampín.
O domingo 3 ás 13:30 horas será a misa cantada polo coro parroquial de Cervo, e a continuación a procesión e a sesión vermú co grupo Tribal. O recinto contará con carpa.
Organiza estes festexos a comisión de festas de Rúa coa colaboración do Concello de Cervo e a Comunidad de Montes Veciñais.
- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- siguiente ›
- última »