Rúa
17/08/2016
Os días 19 e 20 de agosto terá lugar en Ribadeo unha nova edición do Mercado de Rúa, que organiza Acisa. Un total de 34 locais ofrecerán a pé de rúa últimos descontos en roupa de verán, stocks doutras tempadas e outlets. Será en horario comercial.
Como nas anteriores edicións, este III Mercado de Rúa terá como obxectivo sacar as tendas e os escaparates dos comercios ribadenses ás rúas para incentivar as compras e captar novos clientes. Desde a directiva de Acisa agardan que esta cita sexa un éxito ao igual que o foi hai unhas semana a Noite Flúor.
Os establecementos participantes son: Anais, Bis a Bis, Bodegas Ribeirao, Bora Bora, Calzados Menfer,...
leer más