Semana
Onte tivo lugar na sede do Real Club Náutico de Ribadeo a presentación da 27ª edición da Semana Náutica Ría de Ribadeo, que se desenvolverá dos días 10 ao 16 deste mes coa celebración de varias regatas e o día 21 está previsto recuperar a tradicional Zalea a Abres.
O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña, manifestou neste acto que “para o Real Club Náutico de Ribadeo é unha satisfacción poder presentar un ano máis o cartel da Semana Náutica e este ano facelo na compaña do delegado territorial da Xunta de Galicia, a quen lle agradecemos a súa presenza neste acto. O cartel desta semana náutica é cedido por un pintor afincado en Figueiras, co que pode dicirse que este ano facemos un acto de irmandamento con ese pobo próximo”.
Ramón Acuña detallou que “a Semana Náutica comprende desde o día 10 deste...
leer másA Concellería de Deportes organiza a segunda Semana do Deporte, que se celebrará do 5 ao 9 de abril. O edil Ramiro Fernández Rey presentou esta tarde o programa de actividades xunto ao alcalde, Alfredo Llano, e o técnico municipal de Deportes, Iván Cao “Lucas”.
O responsable de Deportes relatou que “o programa dará comezo este mércores, día 5, cunha charla sobre A influencia dos país na actividade deportiva, que correrá a cargo de Plácido Sánchez, psicólogo do CD Lugo. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas”. Fernández Rey indicou que “ás veces a actitude dos pais nos campos de fútbol non son as máis axeitadas, tal e como vemos case a diario nos medios de comunicación. Queremos facer fincapé en cómo se debe afrontar esa actividade deportiva entre os nenos, que debería ser máis como divertimento e para facer compañeirismo, en lugar de...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4





