Viveiro
Dende o martes día 20 ata o venres 23 de agosto serán máis de 20 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incribles, chegando ata o 70 ou 75% en varios casos.
Desde o CCH de Viveiro indican: “trátase de converter a recta final da tempada de rebaixas nunha feira de stocks ofrecendo grandes descontos. Para facelo máis chamativo unha parte dos negocios participantes sacarán os artigos á rúa, colocándoos diante das fachadas dos seus negocios para que a xente poida ollar directamente os produtos e os fantásticos descontos que teñen. A gran variedade de tendas que se suman a esta campaña fan que sexa todo un reclamo para os clientes que poden atopar verdadeiras gangas en artigos de calidade e primeiras marcas”.
Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil,...
leer másCARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 22 DE AGOSTO
-Romper el círculo – 18:00 horas
-Deadpool y Lobezno – 21:00 horas
-Buffalo Kids – 18:30 y 21:00 horas
-Padre no hay más que uno 4 – 18:15 horas
-Borderlands – 21:00 horas
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega á Ría de Viveiro a cuarta regata da Copa Deputación de Piragüismo, impulsada pola área de deportes coa participación dos clubs e da Federación Galega de Piragüismo. A proba, que se celebra este domingo 18 de agosto, está organizada polo Club de Piragüismo de Viveiro.
Na proba competirán 220 palistas de diferentes categorías desde prebenxamín ata xuvenil dos seis clubs de augas tranquilas da provincia -Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo-. As saídas faranse de forma escalonada e por categorías a partir das 16.00 horas e ata as 20.00 horas, que se realizará a entrega de medallas.
O deputado de Mocidade Daniel García convidou ás afeccionadas e afeccionados a seguir a regata incluída...
leer másLas instalaciones del Club de Tiro San Roque, de Viveiro, acogerán competiciones el jueves 15 y el sábado 17 de agosto.
El día 15 se disputará la XLVI Gran Tirada Concello de Viveiro y el sábado 17 tendrá lugar la cuarta Copa Deputación de Lugo de tiro olímpico.
CARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 15 DE AGOSTO
-Del revés 2 – 18:30 horas
-Twisters – 21:00 horas
-Deadpool y Lobezno – 18:00 y 21:00 horas
-Romper el círculo – 18:15 y 21:00 horas
A Feira do Libro de Viveiro celebrarase nos Xardíns de Noriega Varela do luns 12 ao xoves 15 de agosto. Abrirá de 12 a 14 e de 18 a 22 horas, agás o xoves 15, que o peche será ás 14.30 horas.
A Federación Librarías de Galicia anuncia que na Feira do Libro de Viveiro estarán “Libraría Porta da Vila, Libraría Cartabón, Galgo Azul (Libros, grolos e moito máis), Libraría Pedreira, Libraría Lume, Libraría Uróboros, Editorial Canela - Libros Lar, Libraría Aenea, A Gata Tola, A Libraría de Rosa - Nobel Boiro, Central Librera Real, Seminario de Estudos Terra de Viveiro e Servizo de Publicacións Deputación De Lugo”.
A novidade deste ano é o cambio de ubicación, que pasa a ser na Sala Multiusos do Concello, na Praza Maior. Un emprazamento céntrico e accesible. Serán un total de 8 expositores dedicados á venda de moda de muller, nenos, xuvenil, complementos, calzado, xoiería e bixutería. Os comercios participantes na feira son: Versus, Complementos Sulian, Cocolatte, Oscar Joyeros, F&M, Cobelinha, Van Surf e Van Surf Sneakers..
Unha ampla variedade de artigos que serán postos á venda a uns prezos moi reducidos, onde os clientes poderán mercar verdadeiras gangas, unha oportunidade estupenda de mercar artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables.
O xoves 8 ás 18:00 horas terá lugar a inauguración da Feira que estará aberta ata as 21:30 horas. O horario do venres 9 e sábado 10 será de 11 a 14 horas e de 18 a 21:30...
leer másA trixésimo oitava edición do Festival de Música Coral de Viveiro celebrarase este sábado, día 10 de agosto, ás 21:30 horas na Praza Maior.
Está organizado pola Coral Polifónica Alborada, de Viveiro, que actuará no festival xunto á coral A Barcarola, de Pontecesures, a Coral Polifónica de Cariño, a soprano Anna Melikhova e a pianista Marta Blanco Pérez.
O colectivo Pensamento e Sementeira recupera a Xira de Viveiro a Portochao, que se celebrará o día 17 de agosto, sábado.
“Unha das nosas liñas de actuación é recuperar tradicións, festas e acontecementos esquecidos do noso concello. É un pracer anunciarvos que recuperamos a Xira de Viveiro a Portochao! Será o vindeiro 17 de agosto, así que gardade o día nas vosas axendas. Haberá dúas modalidades de participación: a través dunha andaina de balde duns 3,5 quilómetros aproximadamente pola beira do río Landro (percorreremos o camiño das Aceas e o paseo fluvial). A saída será dende o aparcadoiro da variante ás 13:00. A outra opción é a través dunha ruta en kaiak. Os kaiaks son biplaza e poderán participar menores a partir dos 6 anos, que deberán ir acompañados dunha persoa adulta responsable A saída realizarase dende a rampla do pavillón...
leer másO libro titulado “Rural e tradición, un fogar en igualdade” será presentado en Viveiro o 8 de agosto, xoves. O acto será ás 19:30 horas no Conservatorio de Música.
Está organizado polo Colectivo Pensamento e Sementeira, que explica: “Rural e tradición, un fogar en igualdade é un libro coordinado por Sergio Marey (Pol, 1997), que buscar visibilizar ao colectivo LGBTIQA+ na música tradicional e no rural galego. Sergio provén de Pol, un concello da montaña lucense, o que, segundo refire, lle deu un continuo e invaluabel contacto co rural galego, cercanía que guía a súa relación coa arte baixo unha visión política e social con Galiza. Na obra participan personalidades como Mercedes Peón, Atenea García, Gabi Reboredo ou Pedro García Louzao, veciño de Xove e membro desta asociación. Acompáñanos nesta presentación o xoves día 8 de agosto ás 19.30...
leer más












