A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá o 6 de marzo unha representación teatral para conmemorar o Día da Muller.

"As que limpan" fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis para conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Na súa fronte, a avaricia dos propietarios das cadeas hoteleiras. Neste espectáculo as artistas formulan 3 preguntas: É posible revalorizar este traballo e desligalo do xénero? Existe o turismo sostible? Quen limpa na casa da limpadora?

"As que limpan" non só fala de traballadoras da limpeza, fala de mulleres e do chan mollado sobre o que camiñamos cada día.

A obra está prevista para as 19:30 horas do vindeiro domingo, día 6, na Casa da Cultura de San Ciprián.