
A Pontenova fará unha fogueira de San Xoán con concurso de tortillas. Será no Forno de Boulloso o día 23 de xuño, luns.
As actividades comezarán ás 20:30 horas co concurso de tortillas. Os organizadores, que son o Concello e o CIT da Pontenova, explican que “entre tódalas tortillas que se presenten un xurado popular elixirá as tres mellores”. Os premios son unha cea para dúas persoas no Lar de Balbina, San Briz e Sidrería A Mina.
Ás 21:00 horas degustaranse as tortillas presentadas e tamén chourizos á grella, torrezos e pan.
Haberá servizo de bar e música a cargo da asociación A Chocolateira e DJ Bombardero.