
O Concello da Pontenova organiza un campamento de verán, que se desenvolverá desde o día 14 de xullo ata o 14 de agosto de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.
E para nenas e nenos de 3 a 14 anos de idade. Hai límite de prazas (50 por orde de inscrición) e o prazo para apuntarse -na Casa do Concello ou a través do teléfono 982.34.22.77- está aberto ata o 10 de xullo.