Mor, en Alfoz, celebra as festas do Carme os días 13 e 16 de xullo

A parroquia de Mor, en Alfoz, celebra as festas do Carme os días 13 e 16 de xullo, domingo e mércores.

A asociación veciña de Mor anuncia: “o próximo domingo, 13 de xullo, tedes unha cita no atrio de Mor: misa ás 13 horas; sesión vermú amenizada polo grupo Lume; en sesión de tarde baile amenizado polo Grupo Lume. Tamén contaremos con actividades gratuítas para os máis pequenos da casa”.

E o día do Carme, 16 de xullo, haberá misa ás 10 horas e ás 13:00, procesión e de seguido sesión vermú a cargo da banda de gaitas da Agrupación Cultural e Musical Dambara.