
Na presentación do II Torneo de Fútbol 8 Concello do Valadouro participaron Manuel Otero Méndez (xefe de Servizo Deportes da Xunta de Galicia en Lugo); o alcalde, José Manuel Lamela Piñeiro; a concelleira de Deportes, Ana Rubal Balseiro; e a directiva do club local do val ACD Río Ouro. Este torneo desenvólvese esta fin de semana, sábado 20 e domingo 21 de setembro, nas instalacións do Campo do Árbol, de Ferreira do Valadouro.
O Concello do Valadouro anuncia que “esta competición de fútbol base espera seguir sendo un referente na bisbarra e en Galicia contando con 42 equipos de 3 categorías distintas, en total máis de 400 nenos e nenas de equipos de Galicia e Asturias”.