O Cadramón (O Valadouro) celebra as festas de San Xorxe e San Cosme do 26 ao 28 de setembro

A parroquia do Cadramón, no municipio do Valadouro, celebrará as festas na honra a San Xorxe e San Cosme esta fin de semana, desde o venres 26 ata o domingo 28 de setembro.

As actividades comezarán o venres con churrascada e a continuación verbena con Tania Veiras.

O sábado ás 13:15 horas farase a bendición do gando e á continuación misa solemne, procesión e sesión vermú con Los Españoles, orquestra que tamén actuarán na verbena xunto a América SL.

E o domingo ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú co dúo Epo-k.