
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 11 de outubro, sábado, unha ruta pola costa do municipio de Xove, desde Faro Roncadoira ata Morás. A saída desde Foz será ás 08:30 horas e ás 08:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 35 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 45 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 5 de outubro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.