
Alfoz terá un magosto organizado pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo este sábado, día 22 de novembro, desde as 21:00 horas.
“Voltamos co magosto do concello de Alfoz. Celebrarémolo no pavillón municipal o día 22 de novembro ás 21:00 horas. Haberá boliños preñados, tortilla, castañas, viño e auga, café... E todo isto acompañado dunha actuación musical”, anuncia a asociación O Castelo.
É gratuíto para os/as socios/as da Asociación Cultural e Xuvenil o Castelo e o prezo é de 8 euros para as persoas que non pertencen ao colectivo organizador. O prazo de reserva está aberto ata o 19 de novembro.


