O Concello de Lourenzá anuncia os nominados e nominadas aos premios do VII Certame de Teatro Afeccionado, que se entregarán o 13 de decembro

O Concello de Lourenzá dá a coñecer os nominados e nominadas aos premios do VII Certame de Teatro Afeccionado, que se entregarán nunha gala o sábado 13 de decembro.

O xurado do VII Certame de Teatro Concello de Lourenzá decidiu que os nominados e nominadas nas diferentes categorías son os seguintes:

Para o premio Conde Santo á mellor representación: Campanas de Bastabales, de Imaxina-T, de Narón; A Xuntanza, de El Ruiseñor, de Culleredo; e O caso do cadáver asasinado, de Teatro do Asteleiro, de Ferrol.

Para o premio Lourenzo ao mellor actor: Rubén Pena, de The-sastre Teatro, de Barbadás; Ramón A. Ares, de Ollomao, de Barreiros; e Fernando Moares, de El Ruiseñor, de Culleredo.

Para o premio Ana á mellor actriz: Patricia Pérez, de Ollomao, de Barreiros; Xoana Rodríguez, de Imaxina-T, de Narón; e Diana Maroño, de El Ruiseñor, de Culleredo.

Para o premio á mellor posta en escena: Campanas de Bastabales, de Imaxina-T, de Narón; A Xuntanza, de El Ruiseñor, de Culleredo; e O caso do cadáver asasinado, de Teatro do Asteleiro, de Ferrol.

Para o premio ao mellor actor de reparto: Benito Pérez, de Ollomao, de Barreiros; Francisco Calvo, de El Ruiseñor, de Culleredo; e Quequé Mareque, de Teatro do Asteleiro, de Ferrol.

Para o premio á mellor actriz de reparto: actrices de O Catre Teatro, de As Pontes; Nerea Acebo, de Imaxina-T, de Narón; e actrices de El Ruiseñor, de Culleredo.

Para o premio especial do público: Dona Clara, de Ollomao, de Barreiros; Os vellos deberían de namorarse e non morrer, de Coles teatro; e O caso do cadáver asasinado, de Teatro do Asteleiro, de Ferrol.

Os premios serán entregados nunha gala que terá lugar o sábado 13 de decembro ás 19 horas no Multiusos Ponte de Cuñas. Será conducida pola actriz laurentina Carmen de Picoaga, que tamén intervirá na obra Julieta en verano, que será representada polas compañías Luz de Gas e El Callejón del Gato, de Gijón. Esta gala está organizada polo Concello de Lourenzá e conta coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo.