Foz acolle este sábado, 2 de maio, un concerto a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro

Foz acollerá este sábado, día 2 de maio, un concerto a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. Será na Sala Bahía ás 19:00 horas.

Neste concerto solidario, organizado polo Concello de Foz, actuarán os grupos locais Toxo Guayaba, Mar Aberto e Rondalla Latexos.

O importe do donativo para os asistentes é 5 euros.