
A Asociación Sociocultural A Pomba do Arco, de Foz, organiza as XXIX Xornadas de Historia Local do 27 ao 30 de xullo. Cada un deses días haberá unha charla e todas elas serán ás 20:30 horas na Casa da Cultura focega.
A primeira será o luns 27 de xullo e Montse Fajardo falará sobre A represión franquista sobre as mulleres na Mariña.
A do día seguinte tratará sobre Música represaliada e resistente durante a ditadura e correrá a cargo de Mini Rivas.
O mércores 29 Xosé Ramón Ermida abordará o tema A Mariña na loita contra o franquismo nos anos 50 e 60
E a última será o xoves 30, titúlase A represión na Mariña: vítimas e verdugos e correrá a cargo de Xabier Buxeiro.


