O desfile do Domingo de Piñata en Vilanova de Lourenzá repartirá máis de 5.000 euros en premios

Lourenzá celebrará o seu desfile de Entroido o Domingo de Piñata, día 22 de febreiro. Repartirá máis de 5.000 euros en premios e estará amenizado por Puzzle Animación.

O desfile, organizado polo Concello de Lourenzá, empezará ás 16:30 horas e as inscricións para participar poden facerse na Biblioteca Municipal de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres ou por teléfono no número 982.12.10.06; e tamén o propio domingo 22 de febreiro no recinto feiral de Vilanova de 12:00 a 15:00 horas.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anuncia que nos próximos días publicaranse as bases do desfile de Entroido na web municipal.