O Vicedo acollerá do 21 ao 23 de agosto as XV Xornadas Memoria dun Tempo, que organiza Nordés Faladora

O xoves 21 de agosto ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de O Vicedo terá lugar a presentación do libro “Ciudad de la Selva” (Historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio),  a cargo de Laura Martínez Panizo, arqueóloga e integrante do Proxecto Sputnik Labrego. A continuación haberá a proxección do documental de Miguel Riaño Roa “Ciudad de la Selva. Fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio”, contando coa presenza do propio director. 

O 22 de agosto, venres, ás 20 horas tamén no Salón de Actos da Casa da Cultura de O Vicedo: "Resistencias e protestas en feminino na Galiza durante o franquismo".
Ás 20:05 horas "Prácticas clandestinas, saberes prohibidos. A interrupción do embarazo na ditadura franquista" por Tamara López Fernández, Contratada Posdoutoral da Xunta de Galicia. Proxecto de Investigación GESUSA (Instituto de las Mujeres). E ás 20:45 “As mulleres diante. A protesta rural durante o franquismo en clave de xènero” por Ana Cabana Iglesia, Doutora en Historia e Profesora Titular na USC. Proxecto de Investigación GESUSA (Instituto de las Mujeres) 

Xa o sábado día 23 ás 13:00 horas a carón do Monolito da Ponte Vella de O Barqueiro XIII Homenaxe a republican@s e libertari@s. Acto aberto á participación dos presentes (testemuñas, lectura de poemas, etc) 
E ás 22:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de O Vicedo "As Voces do pobo. Lembrando a Voces Ceibes", recital de Miro Casabella e Andrés Rodríguez.