Ribadeo
Acisa Ribadeo sorteou esta mañá os premios da campaña de San Valentín. Trátase de dúas viaxes para dúas persoas a escoller entre 5.100 destinos.
Segundo indicou o xerente da asociación, Jesús Pérez, “na maña de hoxe vimos de realizar o sorteo non presencial nas nosas oficinas dos premios da campaña Namórate con Acisa, con motivo da celebración do día de San Valentín. Os números agraciados son o 4.548, entregado en For Friends; e o 1.665 entregado en Miss-tic”.
Pérez Prada dixo que “tal e como indican as bases da campaña o sorteo realizouse a porta cerrada nas oficinas de Acisa na mañá de hoxe, 14 de febreiro, e foi retransmitido en redes sociais, onde se pode consultar o vídeo. O sorteo realizouse mediante un programa de xeración de números aleatorios entre as rifas editadas, que nesta ocasión foron un total de 8...
leer másEsgotadas as prazas para participar na I Xornada de Tecnificación, que organizan FutbolínLugo e o Concello de Ribadeo coa colaboración da Xunta de Galicia.
O evento terá lugar o 26 de marzo de 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas. A xornada, destinada a nenas e nenos de 6 a 15 anos, será impartida por adestradores titulados. Haberá un agasallo para todos os asistentes.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, comentou que “estamos moi contentos pola resposta, xa que as prazas cubríronse en tempo récord. É un grande éxito e agardamos repetir máis edicións en Ribadeo”.
Na presentación desta I Xornada de Tecnificación participaron o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o técnico municipal de Deportes, Iván López, o xefe de Deportes da Xunta, Manuel Otero, e Diego Díaz...
leer másRibadeo acollerá a semifinal da Copa Galicia de Fútbol Sala Feminino, que disputarán o Pescados Rubén FS e o Poio Pescamar FS. Será o vindeiro mércores, 14 de febreiro, ás 20.30 horas no pavillón municipal.
O Pescados Rubén Burela foi elixido en xaneiro de 2021 e 2022 como o mellor club do mundo nos Futsal Planet Awards.
As burelesas veñen de proclamarse campioas da supercopa de España en Torremolinos contra o Poio Pescamar FS.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima a presenciar este encontro "de fútbol sala feminino de primeiro nivel, que se vai disputar por primeira vez en Ribadeo. Estamos encantados de acoller este partido e agardamos poder repetir esta experiencia noutras ocasións".
Ribadeo acollerá en abril un curso básico de Protección Civil. O prazo de inscrición está aberto ata o 16 de febreiro.
A concelleira de Seguridade e Atención Cidadá, Montse Seijo, contou que “a Xunta de Galicia abriu o prazo de inscrición para a realización do curso básico de Protección Civil. Na provincia de Lugo impartirase de forma presencial en dous lugares, e concretamente un dos elixidos foi Ribadeo”.
A edil ribadense explicou que “as datas previstas son do 3 ao 7 de abril, sendo os días 3, 4 e 5 en horario aproximado de sete e media/oito da tarde a dez e media/once da noite, a razón de tres horas diarias. E a fin de semana en horario de mañá e tarde completando así as 32 horas de duración do curso, das que 22 son teóricas e 10 prácticas”.
Seijo anima a participar: “desde o...
leer másO 17 de marzo, domingo, celebrarase o Trofeo Máster de ciclismo Vila de Ribadeo. As probas empezarán ás 11:00 horas no parque de San Francisco, onde tamén estará a chegada.
Anunciouno o Club Ciclista Eo, que explica: “logo dun tempo volve o ciclismo a Ribadeo. Será o domingo 17 de Marzo co Trofeo Máster Vila de Ribadeo, proba puntuable para a Copa Galicia Máster de Estrada 2024 e abrirá o calendario nesta modalidade. Contará coas catro categorías Máster: M30, M40, M50 e M60, tanto masculinas como femininas”.
La Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) organiza tres cursos de soldadura en Ribadeo durante este mes de febrero. Se realizarán durante los fines de semana. Estarán dedicados a soldadura de electrodo revestido, soldadura Mig/Mag y soldadura Tig.
El presidente de APAGA, Álvaro Doural, anuncia que promueven estas tres actividades formativas “ante la importante demanda de soldadores por partes de varias empresas”.
Los interesados en participar en estos cursos pueden contactar con APAGA a través del teléfono 639.88.49.45 o del correo electrónico apagaribadeo@gmail.com.
Será no pavillón polideportivo. O evento, que foi presentado hoxe, está organizado polo Club de Remo de Ribadeo, a Federación Galega de Remo e o Concello de Ribadeo e colabora a Área de Mocidade da Deputación de Lugo.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “no pavillón vanse instalar arredor de 40 ergómetros para este campionato galego no que participarán unhas 600 persoas. Ao tratarse dun campionato galego aquí estarán os campións destas fins de semanas atrás”.
O edil ribadense engadiu: “para nós é un orgullo seguir acollendo a celebración de eventos deportivos deste calibre polo que supón para a promoción de Ribadeo e para a dinamización da hostalería local”.
E tivo palabras de agradecemento para “o Club de Remo de Ribadeo pola organización deste evento, no que...
leer másO Raid de Orientación é unha competición multidisciplinar destinada a probar a capacidade de orientación e resistencia dos equipos, sen axuda externa. Os equipos en moitas ocasións deben ser mixtos, e mulleres e homes compiten en igualdade de condicións, polo que se trata, segundo os organizadores, dun dos deportes máis inclusivos do mundo.
O deporte dos Raids de Orientación consiste en realizar un percorrido, preestablecido pola organización, marcado no terreo mediante balizas e sinalado no mapa específico de ese terreo que se entregará a cada participante. Os participantes, coa axuda dun compás, realizarán o percorrido elixindo o itinerario a seguir entre os puntos de control.
Cada equipo, en función da súa propia estratexia, decide que distancia percorre, que puntos de control visita, e que probas especiais...
leer másCARTELERA DE CINE RIBADEO HASTA EL 8 DE FEBRERO