Ribadeo
A Ría de Ribadeo acollerá este domingo, día 7 de xullo, a segunda regata da Copa Deputación de Piragüismo, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa participación dos clubs e da Federación Galega de Piragüismo. O Club de Piragüismo Altruán, de Ribadeo, é o organizador desta proba, na que se prevé a participación de 175 palistas de diferentes categorías desde prebenxamín ata xuvenil dos seis clubs de augas tranquilas da provincia -Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo-. As saídas comezarán ás 16.30 horas e faranse de forma escalonada, por categorías sendo as saída de infantís ás 16.55 horas, alevíns ás 17.45 horas e, por último, a saída das categorías xuvenil e cadete será as 18 horas.
A competición organízase no marco da colaboración que a...
leer másOs establecementos hostaleiros de Ribadeo poderán abrir dúas horas máis durante as fins de semana do verán e pontes festivas grazas a Acisa (Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos).
A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, declarou: “parécenos moi interesante poder ofrecerlle este servizo aos nosos asociados e asociadas, deste xeito dáselles a oportunidade de poder traballar mais horas durante estas datas de gran afluencia turística onde as ceas, de amigos e de familia, son moitas e as ganas de festexar e celebrar son aínda mais. Deste xeito tamén a veciñanza poderá gozar de mais horas de lecer na nosa hostalería. Queremos animar ás veciñas e veciños de Ribadeo e da nosa contorna e aos turistas que nos visitan a desfrutar das fines de semana de verán na hostalería ribadense, que ten moito que...
leer másA hostalería local contará con vasos de plástico ríxido reutilizable para o IX Ribadeo Indiano, que foron presentados hoxe pola organización do evento. Trátase de 10.000 recipientes serigrafiados.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “Acisa coorganiza xunto ao Concello o Ribadeo Indiano, cita na que nos implicamos de xeito especial, xa que se trata dun evento que cada ano se fai máis importante para o comercio e a hostalería ribadense, e que xera unha actividade económica inigualable. Todos os negocios están agardando por esta fin de semana e prepáranse para atender da mellor forma posible aos milleiros de persoas que do 12 ao 14 de xullo se achegarán á nosa vila. Por iso cada ano, desde a organización do Ribadeo Indiano, tentamos ir a máis e poñemos en marcha iniciativas como a que hoxe damos a coñecer”.
... leer másOs días 27 e 28 de xullo terá lugar no aeródromo de Vilaframil a Ribadeo Air Meeting, que organiza a Asociación de Aeromodelismo Nordés.
Javier Cuba, o secretario do colectivo, explicou que “la Ribadeo Air Meeting 2024 se celebrará los días 27 y 28 de julio en el aeródromo de Vilaframil. 85 son los inscritos de los que 22 son socios nuestros, los otros 63 llegan desde distintas comunidades e incluso de otros países. Serán unas 150 personas, entre participantes y acompañantes, lo que se acerquen a comer y a disfrutar de ese fin de semana en Ribadeo. Mucha gente acampará en el lugar de vuelo y otra se hospedará en hoteles locales”.
Cuba contou que “vienen de sitios tan dispares como desde todas las provincias de Galicia, Asturias, País Vasco, Cantabria, Cataluña, Comunidad Valenciana, Andalucía, Madrid, Castilla La...
leer másDeron comezo as rebaixas de verán no Centro Comercial Aberto coas mellores vistas e coa mirada posta na viaxe a Cuba para dúas persoas que se sorteará o vindeiro 14 de xullo no marco do Ribadeo Indiano.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, manifestou que “aínda que ata o dia 1 de xullo non se dan por inauguradas oficialmente as rebaixas, visto que moitas marcas nacionais adiantaron unha semana esta cita, dende Acisa quixemos dar comezo un pouco antes a este período de descontos comerciais. Por iso dende hai uns días demos por inauguradas oficialmente as rebaixas en Ribadeo, moitos comercios xa as adiantaron, e outros estano a facer nesta fin de semana. Durante xullo e agosto centos de negocios terán grandes descontos e múltiples artigos de tempada a prezos moi interesantes, polo que...
leer másA mocidade gozará de cine na rúa en xullo, de sesións dj en xullo e agosto, e de actividades acuáticas do 5 ao 8 de agosto na praia dos Bloques.
O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, explicou que “as actividades que programamos para a mocidade darán comezo o vindeiro mércores, 3 de xullo, con cine na rúa. No Campo de San Francisco ás 22:30 horas os días 3, 10, 17, 24 e 31 de xullo proxectaranse películas como Amigos hasta la muerte, Super Mario Bros, Salta, A praia dos afogados e Barbie”.
O edil ribadense contou que “tamén haberá sesións con djs na pista de skate. Serán ás 20 horas con Litainer os días 19 de xullo e 9 de agosto e con Pedro Bermúdez o 12 de xullo e o 2 de agosto”.
Silvent comentou que “ademais na praia dos Bloques do 5 ao 8 de agosto as rapazas e os rapaces...
leer másA próxima parada da xira do espectáculo teatral “Boa sorte, mala fama” será o domingo 7 de xullo ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, de Ribadeo, dentro da programación da IX Edición do Ribadeo Indiano.
A compañía lucense Tarabela Creativa recala por terceira vez na Mariña con este espectáculo que é o resultado dunha investigación de dous anos arredor das caras máis descoñecidas e menos institucionais da nosa emigración, contadas en tres actos.
En palabras da súa directora e dramaturga, Carmen Conde, “visitar Ribadeo con esta montaxe é aínda máis especial se cabe, pois no espectáculo hai moitas historias que contan como foi a nosa diáspora cubana e sei a irmandade tan grande que existe entre Ribadeo e Cuba; ademais de grandes persoeiros, homes e mulleres, que acabaron sendo parte activa da historia...
leer másDo 30 de xuño ao 13 de outubro terá lugar unha nova edición do Mercado dos Domingos, que foi presentado hoxe en Ribadeo.
A concelleira de Comercio e Promoción Económica, Marta Saiz, manifestou que “coa chegada do verán, retómanse actividades e tradicións propias desta época. Unha delas é o Mercado dos Domingos, que xa vai pola vixésima terceira edición e que se desenvolve nas inmediacións da Praza de Abastos de Ribadeo cada domingo de verán. A nova tempada dará comezo este mesmo domingo, 30 de xuño, e rematará o 13 de outubro”.
O Concello de Ribadeo organiza este mercado en colaboración coa Asociación de Produtores da Horta A Sucadoira. Saiz dixo que “se trata dun mercado de proximidade de produtoras e produtores da zona, sen intermediarios, onde se poden atopar produtos da horta, pan, ostras, queixo,...
leer másDesde o vindeiro 1 de xullo e ata as 14:00 horas do 15 de xullo abrirase un prazo de solicitude de matrícula na EMMeD para o curso 2024/2025 para novo alumnado. Farase de xeito telemático a través dun formulario que se atopará na páxina web da escola.
Desde a EMMeD indican que “no caso de que pechado este prazo haxa máis solicitudes que número de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo para determinar as persoas que entran neste novo curso. As restantes formarán parte dunha lista de agarda”.