Ribadeo
As Anzas, lugar da parroquia ribadense de Covelas, celebra a festa na honra á Virxe da Asunción este xoves, día 15 de agosto.
As actividades empezarán ás 13:00 horas con misa solemne e procesión. A continuación haberá sesión vermú amenizada por Jaime Paredes, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Belinda.
Remourelle, localidade da parroquia ribadense de Arante, honrará a Santa María Magdalena os días 17 e 18 de agosto nun evento que inclúe a décimo sétima edición da Festa da Carne ao Caldeiro.
As actividades comezarán o sábado 17 de agosto ás 14:00 horas coa actuación do dúo Belinda. E a partir das 14:30 horas terá lugar o xantar da carne ao caldeiro. Ademais desde ás 18:30 horas haberá música co dúo Belinda e ás 20:00 horas actuará Mercedes Ben Salah.
O domingo 18 celebrarase misa solemne ás 13:00 horas, seguida de procesión e sesión vermú, amenizada polo grupo Lecer, que tamén actuará na verbena. E as 12 da noite haberá queimada co Gran Druída.
A Praza José María López será escenario este domingo, 11 de agosto, ás 20.30 horas, do concerto de Durden , que se enmarca dentro do Vendaval Fest. O evento está organizado pola asociación Catro Caños, que conta coa colaboración, entre outros, do Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e Acisa.
A vila ribadense celebrará a festa do seu patrón, San Roque, o día 16 de agosto, venres.
As actividades comezarán ás 11:00 horas coa saída dos Cocos e cabezudos, acompañados polo grupo de gaitas Illa Pancha. Ás doce do mediodía celebrarase misa solemne e a continuación haberá procesión seguida de concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo. A partir das 14:00 horas terá lugar sesión vermú co dúo Venus, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Fénix e de rematar a festa encargarase o DJ Litainer.
O 9 de agosto o XI Festival Bal y Gay recalará en Ribadeo co concerto que ofrecerán Sergey Khachatryan ao violín e Lusine Khachatryan ao piano. A actuación terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval.
O domingo, 11 de agosto, ás doce da mañá no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo terá lugar a presentación do disco Beethoven, The Last Sonatas, de Leopoldo Erice.
A xornada do domingo concluirá con outro concerto do Festival Bal y Gay. Será o que ofrecerán no auditorio municipal Nereydas, baixo a dirección de Javier Ulises Illán.
Desde o Ribadeo FC sinalan: “cheos de ledicia presentamos a 1ª Edición do Trofeo Vermut Arnao, patrocinado por Castillo San Damián - Discosta norte S.L., unha cita que sen dúbida chega para quedarse”.
O Trofeo disputarase o vindeiro domingo, 11 de agosto, ás 19 horas no Campo Municipal Pepe Barrera, onde se enfrontarán o Ribadeo FC e o Navia CF.
A entrada será de balde.
Esta será a primeira oportunidade para ver as novas caras do Ribadeo FC para esta tempada.
Volve a música ao auditorio ao aire libre de Cabanela, en Ribadeo, os mércores de agosto a partir das 20:30 horas.
Rock Be Me, música in live gratis nas tardes do verán.
O 7 de agosto actúa Giro Total; o día 14 Los Alcántara; o 21 de agosto será a quenda para escoitar a La Indirigible e o 28 terá lugar a actuación de Sintrom ni Son.
Este ciclo de concertos está organizado polo Concello de Ribadeo e pola Xunta de Galicia.
Do 12 ao 16 e do 19 ao 23 de agosto todos os nenos e nenas nacidos a partir de 2014 teñen unha cita no Club de Remo de Ribadeo.
Este curso de iniciación ao remo impartirase das 10:30 ás 12:30 horas e, para poder participar, os pequenos e pequenas deberán saber nadar e ser de Ribadeo ou arredores. O seu prezo é de 30 euros.
Para calquera dúbida ou reserva, está dispoñible o número de teléfono 660 82 86 28.












