Campamentos

Etiquetas:
25/05/2025

Alfoz acollerá dous campamentos dixitais: un será do día 23 ao 27 de xuño e o outro desenvolverase desde o 30 dese mes ata o 4 de xullo.

O Concello de Alfoz explica que haberá “actividades presenciais de balde en competencias dixitais para nenas, nenos e adolescentes; aventuras, misións e retos adaptados á súa idade; aprenderán a usar Internet e ferramentas dixitais de xeito útil, seguro, creativo e responsable”.

Do 23 ao 27 de xuño de 10:00 a 14:00 horas será para os/as nados/as entre 2012 e 2017. E do 30 de xuño ao 4 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas está destinado os/as nados/as entre 2008 e 2011.

As inscricións serán do 26 de maio ao 4 de xuño e poderanse facer nas oficinas de rexistro da Casa do Concello ou a través da sede electrónica.

Para realizar a...

leer más
19/05/2025

Desde o día 23 de xuño ata o 5 de setembro desenvolveranse os campamentos de verán que organiza o Concello de Barreiros, dende a súa área de Igualdade, como medida de conciliación para as familias. As inscricións estarán abertas ata o 27 de maio. As solicitudes poderán presentarse no Rexistro xeral do Concello de Barreiros. Tamén poderán presentarse a través da sede electrónica municipal.

Estes campamentos de verán son para crianzas nadas entre o 01/01/2013 e o 31/12/2021. Desenvolverase nos días laborais dos seguintes períodos: do 23 o 30 de xuño; do 1 de xullo do 2025 ata o 31 de agosto, en quendas de 15 días naturais; e do 1 o 5 de setembro do 2025.

O Concello de Barreiros explica que “para facilitar a conciliación familiar, amplíase o horario de entrada de 9:00 a 9:30 horas, para aquelas...

leer más
Etiquetas:
05/05/2025

O Concello de Trabada abriu este luns, 5 de maio, o prazo de inscrición para os campamentos de verán 2025, “un programa xa consolidado dentro das políticas municipais de conciliación familiar e que este ano presenta como principal novidade a creación dun campamento xuvenil dirixido ao alumnado de Secundaria”. O campamento de verán, destinado a nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2021, desenvolverase entre o 23 de xuño e o 5 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Este servizo “pretende ofrecer un espazo educativo e de lecer durante os meses de vacacións escolares, ao tempo que facilita a conciliación das familias”.

A novidade deste ano é o campamento xuvenil, dirixido a mozos e mozas nados entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2012. Esta actividade levarase a cabo entre o 1 de xullo e...

leer más
Etiquetas:
19/06/2024

O Concello de Burela abre este mércores, 19 de xuño, o prazo de preinscrición para o seu programa de campamentos de verán e ocio para a cativada Somos Verán, que se desenvolverá do 1 de xullo ao 23 de agosto. O prazo estará aberto ata o venres, día 21 de xuño. As preinscricións poderán realizarse no correo electrónico gaia@burela.org ou na oficina do centro Gaia. Deberase entregar a documentación necesaria e o formulario que se pode atopar en...

leer más
27/05/2024

O Concello de Barreiros organiza unha vez máis os esperados Campamentos de Verán para crianzas nadas entre o 01/01/2012 e o 31/12/2020.  Serán no CEIP San Cosme con prazas limitadas. O prazo de inscrición estará aberto desde o 28 de maio ata o 7 de xuño.

Desenvolverase nos días laborais dos seguintes períodos: +Concilia Xuño, do 24 o 28 de xuño; campamentos de verán, do 1 de xullo do 2024 ata o 31 de agosto do 2024, en quendas de 15 días naturais; e +Concilia Setembro, do 2 o 6 de setembro.

Ademais, para facilitar a conciliación familiar amplíase o horario de entrada de 9:00 a 9:30 horas para aquelas familias que o precisen antes do comezo oficial do campamento. Durante ese tempo as crianzas serán custodiadas e vixiadas pero sen ter actividades programadas.

Etiquetas:
17/05/2024

O edil Francisco José Silvent explicou que “desde a Concellería de Mocidade programamos Campamentos Urbanos no Ceip Gregorio Sanz,  que terán lugar durante o vindeiro mes de xullo en diferentes quendas: do 1 o 5, do 8 o 12, do 15 o 19 e do 22 o 26. O horario será de 10 a 14 horas e haberá tamén programa madrugador de 9 a 10 da mañá”.

O concelleiro de Mocidade seguiu a relatar que “os asistentes de 4º, 5º e 6º de infantil e de 1º, 2º e 3º de primaria  gozarán dunha saída cultural á semana, en horario de mañá. As nenas e os nenos de 4º, 5º e 6º de primaria disfrutarán de dúas saídas culturais todas as semanas e dunha velada con pernocta todos os xoves”. 

Os prezos dos campamentos urbanos oscilan entre os 30 e os 40 euros á semana. As inscricións deben realizarse na Casa da Xuventude do 20 ao 24 de maio e o sorteo...

leer más
30/05/2023

O Concello de Barreiros organiza os Campamentos de Verán para crianzas nadas entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 31 de decembro de 2019. Desenvolveranse do 1 de xullo ao 31 de agosto, de 9:30 a 13:30 horas de luns a venres.

As actividades levaranse a cabo en quendas de quince días naturais. A primeira será do 1 ao 15 de xullo, seguida do 16 ao 31 de xullo, do 1 ao 15 de agosto e, finalmente do 16 ao 31 de agosto. Ademais, para facilitar a conciliación familiar, amplíase o horario de entrada de 9:00 a 9:30, para aquelas familias que o precisen antes do comezo oficial do campamento.

As persoas interesadas poden formalizar a inscrición xa a través da web municipal www.concellodebarreiros.gal e das redes sociais.

Nos campamentos haberá xogos,...

leer más
Etiquetas:
10/06/2022

O Concello de Viveiro informa que o vindeiro luns, 13 de xuño, ábrese o prazo para inscribirse no Campamento Urbano de Verán 2022, que se desenvolverá dende o 4 de xullo ao 26 de agosto.

“Sabemos o importante que é para as familias poder conciliar na época estival, por iso desde o concello impulsamos esta iniciativa nos meses de verán, con máis prazas e un horario máis amplo que o ano pasado”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

“É fundamental polo tanto promover as actividades lúdicas, culturais e deportivas para os máis pequenos, facilitando que os seus pais e nais poidan compatibilizar a vida laboral e familiar”, engade a alcaldesa.

As bases de selección e o modelo de solicitude estarán publicadas no taboleiro de anuncios dixital e na paxina web do concello. O prazo para a...

leer más
12/06/2021

O Concello de Barreiros organiza campamentos de verán para nenos e nenas durante os meses de xullo e agosto.

Os organizadores explican que “estes campamentos de verán ofrecen unha diversidade de actividades educativas e lúdico-deportivas que farán que os participantes gocen dunhas mañás moi entretidas e divertidas: talleres de música, robótica, xogos tradicionais e populares, gymkanas, xornada de reciclaxe, xogos cooperativos e con paracaídas, olimpíadas deportivas, xogos de pistas e busca, experimentos científicos, etcétera. Está dirixido a persoas nadas entre 2009 e 2017, inclusive, e desenvolverase do 5 de xullo ao 27 de agosto de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas. A sede é o Pavillón Polideportivo Municipal de Barreiros.

O prazo de preinscrición está aberto ata o 15 de xuño e todos os trámites poden...

leer más
Etiquetas:
28/05/2021

O Concello de Trabada abriu este venres, 28 de maio, e ata o 11 de xuño o prazo de inscrición nos seus Campamentos Urbanos de Verán 2021, co obxectivo prioritario de axudar ás familias a conciliar a vida persoal e laboral.

O Concello inclúe estes campamentos dentro das medidas sociais dirixidas a consolidar nova poboación no municipio, establecendo unhas bases que dan preferencia a determinadas necesidades familiares.

“Cunha clara intención de protección social, daremos prioridade ás familias monoparentais, numerosas e ás familias nas que os dous proxenitores traballen, dándolles un servizo de atención e coidado aos menores coa finalidade de compatibilizar o período non lectivo coa xornada laboral”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

A preinscrición será...

leer más