Exposiciones
A sala de exposicións da Casa da Cultura acolle ata o vindeiro 30 de abril unha selección da obra de Xosé López Losada "Xolo", usuario da Unidade Residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental "A Mariña".
A mostra, denominada "Adaptacións", está composta por 15 obras escollidas entre máis de 200 cadros.
Xolo (Ourol, 1967) comezou a súa relación co mundo artístico de moi novo, aos 5 anos, tal e como el recorda. No ano 1987 trasladouse a Salamanca para estudar Belas Artes, onde conseguiu Matrícula de Honra no primeiro curso da Universidade. A finais do segundo ano, unha enfermidade mental impediulle seguir pintando, ata o 2005 que retomou a actividade.
O Concello de Cervo, Paco Piñeiro e a A.C. Airiños do Xunco, convidan a asistir este domingo, 7 de abril, ao acto de inauguración da mostra fotográfica “Cervo na Memoria”, ás 19:00 horas, nas Escolas Vellas de Cervo.
O acto foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada, o presidente da A.C. Airiños do Xunco, Rafael Blas, e polo profesor Paco Piñeiro, autor da Crónica histórico-literaria da Parroquia de Santa María de Cervo, e quen custodia a colección fotográfica; a quen lle temos que agradecer enormemente desde o Concello -precisou Villares- “a súa implicación e dedicación absoluta en todo o que ten que ver co eido cultural en Cervo; un traballo impagable que comparte sempre xenerosamente con todos nós”.
Tal e como explicaron, o edificio centenario, cedido...
leer másAta o 26 de marzo pódese visitar na Casa da Cultura de San Ciprián a exposición “Áreas Mariñas Protexidas”, unha actividade complementaria á Festa do Ourizo, que se celebra este sábado, día 16.
A mostra foi elaborada polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA); e o obxectivo pasa por sensibilizar ao público visitante arredor da importancia do mar e do litoral como patrimonio esgotable e recurso cultural e económico; dar a coñecer a figura das áreas mariñas protexidas como eficaz estratexia de conservación do mar e do litoral, e sinalar o papel que cada un de nós pode xogar á hora de inclinar a balanza cara á conservación, ou non, do mar.
A información que se pode atopar estrutúrase en catro bloques: recursos do mar, problemáticas de conservación, a pesca en Galicia e as Áreas...
leer másHoxe, xoves, inaugurouse no colexio Sagrado Corazón de Jesús, de Ribadeo, unha exposición con material escolar dos 50 anos de vida do centro nas súas actuais instalacións.
A mostra, titulada 50 anos: do pizarrín ó portatil, estará aberta ao público no centro ata o día 31 deste mes. Pode visitarse os días lectivos de 17:00 a 18:30 horas, os sábados de 18:30 a 20:00 e os domingos de 12:30 a 14:00 horas.
Esta exposición forma parte do programa de actividades organizadas polo colexio Sagrado Corazón con motivo do 50º aniversario das súas instalacións actuais, que están na rúa Carlos III, número 4, da vila ribadense, e que abriron as súas portas en setembro de 1969.
Ata o 28 de marzo pódese visitar na Casa da Cultura de Burela a exposición fotográfica "Marcha de Mulleres Galegas", organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade.
O horario para ver esta mostra será de luns a venres de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas. No acto de inauguración, celebrado onte, estivo o concelleiro de Cultura, José Díaz.
Na Oficina de Turismo de Ribadeo inaugurouse a exposición Síntese. Trátase dunha mostra de 23 fotografías que recolle obras d@s participantes no obradoiro de emprego DOC-TIC II. Síntese poderase visitar ata o 10 de marzo en horario de 10 a 14 e de 16 a 18 horas. Ao acto de inauguración, celebrado esta mañá, asistiron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Desenvolvemento Local e Cultura, Ana Martínez e Farruco Graña.
O rexedor ribadense dirixiuse aos asistentes dicindo: “estamos moi orgullosos de vosoutros e vosoutras de maneira xeral e particular, estamos moi orgullosos dos profesores e dos alumnos. Quero dicilo dunha maneira sincera porque non me canso de repetilo. Sempre digo que vivimos varios obradoiros no pasado que non teñen nada que ver con este. Valoro moito o que acaba de dicir a directora, que hai un esforzo moi grande...
leer másLa Sala Municipal de Exposiciones de La Caridad, en el Occidente asturiano, acoge una muestra de pintura de Iván López titulada Los Principios.
La exposición permanecerá abierta del 2 al 17 de marzo. El horario de visitas será de 12 a 14 horas e de 19 a 21 horas de lunes a viernes y de 12 a 14 horas los sábados, domingos y festivos.
Iván López, residente en Ribadeo y natural de El Franco, pinta acrílico, óleo y spray, en formatos grandes, de un estilo abstracto en el que el color es el gran protagonista.
O Concello inaugura a exposición fotográfica Síntese sobre os proxectos realizados polo obradoiro de emprego Doc-Tic II. Esta interesante mostra está composta por 23 fotos seleccionadas entre as realizadas para os dous proxectos fotográficos que forman parte da actividade formativa e que se engade aos traballos de dixitalización de documentación histórica do Concello. Cada participante seleccionou 4 obras.
Con esta iniciativa móstrase parte do traballo realizado polos participantes nas dúas especialidades que integran este obradoiro que conta coa subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria e co cofinanciamento do Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, para o período 2014-2020.
O acto inaugural terá lugar o vindeiro...
leer másAta o 22 de febreiro estará aberta na Sala de Exposicións da Casa da Cultura, en Burela, a exposición dos traballos realizados nos cursos de tempo libre que organizou o Centro de Información ás Mulleres durante a tempada 2018. O acto de inauguración contou coa participación do alcalde burelés, Alfredo Llano, e da concelleira de Muller e Servizos Sociais, Noelia Mª Ben.
A mostra poderá visitarse de luns a venres en horario de 11 a 13 horas polas mañás e de 17 a 19 horas polas tardes.
Ata o 20 de febreiro pódese visitar na Casa da Cultura, de San Ciprián, a exposición de gravado e debuxo de Comeluz, artista polifacético natural das Pontes.
A mostra está composta por unha serie de estampas (gravados, litografías, linóleos, serigrafías e xilografías), debuxos e pinturas que o artista puido desenvolver durante os seus anos de estudo das Artes en Lugo e Salamanca, así como de varias pezas realizadas nos últimos anos.
No acto de inauguración participaron o alcalde, Alfonso Villares, e outros membros do equipo de goberno.