Corazón

Etiquetas:
16/09/2025
Os Plans con corazón continúan esta fin de semana con actividades para explorar o xeodestino A Mariña Lucense, da man de guías locais expertos coñecedores do territorio. 
 
Os plans terán lugar os días 19, 20 e 21 de setembro nos municipios de Trabada, Ribadeo e Foz, respectivamente. Os participantes terán a oportunidade de desfrutar de plans moi especiais cos que explorara historia e a paisaxe destes lugaresda man dos guías locais.
 
TRABADA Venres 19 setembro 
As cousas que falan da terra con Carmen Delia
Un roteiro imprescindible para achegarse ás tradicións, historia e memoria popular, así como ao patrimonio natural do concello. A visita inclúe o acceso e percorrido guiado polo...
leer más
Etiquetas:
09/09/2025

Os Plans con corazón continúan este venres, 12 de setembro, con actividades para explorar o xeodestino A Mariña Lucense, da man de guías locais expertos coñecedores do territorio.

Os plans terán lugar os días 12, 13, 14 e 15 de setembro nos municipios de Alfoz, Xove, A Pontenova e Cervo, respectivamente. Os participantes terán a oportunidade de desfrutar de plans moi especiais cos que adentrarse na historia e na paisaxe destes lugares da man dos guías locais.

Alfoz-Venres 12 setembro
Alfoz: a vida no río dourado con Ana Pena
Ruta ao carón do río Ouro para coñecer os vestixios históricos que garda, así como a natureza do ecosistema fluvial. O paseo culminará na recoñecida Finca Galea, espazo de harmonía e respecto polo medio, onde se realizará a “cerimonia do caldeiro máxico” da man de Lidia e Nines. ...

leer más
Etiquetas:
01/09/2025

Este venres, 5 de setembro, comeza a sexta edición dos Plans con corazón, unha exitosa iniciativa coa que coñecer a riqueza dos 16 concellos que compoñen A Mariña Lucense. As primeiras actividades terán lugar os días 5, 6 e 7 de setembro nos municipios de Viveiro, O Valadouro e Mondoñedo, respectivamente. Serán plans moi especiais cos que adentrarse na historia e na paisaxe destes lugares da man dos guías locais, expertos coñecedores do territorio.

VIVEIRO - Venres 5 setembro -10.30h.
Galdo, un concello que deu leña! Con Noela Feal
Visita para coñecer o antigo Concello de Galdo e a súa historia vinculada a persoeiros históricos como Pardo de Cela, a liñaxe dos Vivero ou María de las Alas Pumariño. Visita á Panadería de Forno de Leña de Galdo e participación dunha experiencia interactiva.

O VALADOURO -...

leer más
Etiquetas:
26/08/2025

Un ano máis os Plans con corazón volven á Mariña Lucense para dar a coñecer entre a poboación, tanto autóctona como visitante, a riqueza dos 16 concellos que compoñen o xeodestino. Entre o 5 de setembro e o 12 de outubro terán lugar as 16 rutas e visitas guiadas polos 16 concellos, cunha variedade de propostas e percorridos que abranguen desde contornas urbanas ata espazos rurais, desde o litoral ata a Serra do Xistral, nunha iniciativa coa que coñecer o territorio e desfrutar actividades de lecer singulares.

Neste programa de actividades, promovido pola Mancomunidade de Concellos da Mariña en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, poden participar todas as persoas que o desexen reservando a súa praza a través do enlace:https://amarinalucense.gal/gl/a-...

leer más
25/08/2025
Este luns comezou unha nova edición do programa de lecer Obradoiros con corazón, unha iniciativa de propostas creativas e enriquecedoras coa que desfrutar do verán e afondar no coñecemento cultural da comarca a través do mundo da artesanía. 
 
A primeira das actividades, baixo o título “Chaveiro da porta norte”, tivo lugar no taller Raíces Nómadas, en Ribadeo, onde os participantes tiveron a ocasión de deseñar e confeccionar o seu propio chaveiro de maneira artesanal.
 
Obradoiros con corazón é un programa que chega este ano á súa segunda edición cunha gran acollida entre a poboación, tanto local como visitante, impulsado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.
... leer más
22/10/2024

O próximo 31 de outubro arrinca unha nova iniciativa da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense: Obradoiros con corazón, destinada a xerar un novo programa de posta en valor da actividade artesanal no destino e atraer un turismo desestacionalizado, mediante a creación de experiencias inmersivas que acheguen ás persoas visitantes e á poboación local á rica tradición artesanal da comarca.

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou que “este novidoso programa levarase a cabo os días 31 de outubro, 2, 3, 9 e 10 de novembro de 2024 como unha primeira experiencia piloto, no marco dos convenios de colaboración da Mancomunidade coa Axencia Turismo de Galicia e coaa Deputación Provincial de Lugo, para o impulso e a promoción do xeodestino e a posta en valor da artesanía coma un recurso único e diferencial”.

...

leer más
Etiquetas:
15/10/2024

O vindeiro sábado, 19 de outubro, Carmen Delia (La Guiateca) guiará a ruta Auga e milagres no Ermo, en Barreiros. Os asistentes visitarán os arredores de Santo Estevo do Ermo e a súa cascada para coñecer a historia das súas augas e as crenzas milenarias entorno a elas. 

E o domingo, día 20, Ana Pena (Guía Tu día) achegará aos participantes ao tesouro escondido de Alfoz, onde terá lugar unha visita teatralizada por Castrodouro, que rematará cun obradoiro de cestería. 

Aínda quedan prazas dispoñibles para as actividades da vindeira fin de semana. O prezo será de 5 euros para individual; 8 euros para parella; 12 euros para familias ou grupos de ata 5 membros.

A información sobre a rutas e as reservas de prazas realizarase a través da web de Turismo de A Mariña Lucense:...

leer más
Etiquetas:
15/02/2024

O Concello de Burela quere dar a coñecer a iniciativa ‘Corazón Solidario’, na que están a colaborar as mulleres inscritas no curso de bordado que organiza o Concello de Burela e imparte María José Mon.

A orixe desta iniciativa sitúase no ano 2001 nun hospital norteamericano. Alí, unha enfermeira do servizo de Oncoloxía tivo que ser operada de cancro de mama. Foron as súas tías as que idearon unha almofada que se axustaba confortablemente debaixo do brazo, reducindo de maneira notable a dor da incisión, ao non premer o edema orixinado pola intervención. 

Dados os bos resultados obtidos, axiña se fixo extensiva a entrega de almofadas a mulleres operadas de cancro de mama noutros países.

Grazas ao esforzo das voluntarias do curso de bordado de Burela, xa se fixeron un importante número de '...

leer más