Ribadeo
A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia organiza en Ribadeo varios cursos para a construción atendendo á demanda laboral das empresas do sector. O presidente, Álvaro Doural, subliñou que serán cursos prácticos de 16 horas de duración cada un e estarán centrados en preparación de masas, na colocación de ladrillos, de alicatados e de solos de cerámica. O prazo de inscrición está aberto ata o 26 de novembro.
Doural explicou que “este é un novo proxecto, dando resposta ás necesidades que ten este sector produtivo. Son cursos de pouca duración pero moi especializados, que se desenvolverán en catro fins de semana, cunha duración de 16 horas cada un. Comprenderán cuestións básicas pero que son fundamentais, como preparación de masas, colocación de ladrillo, solado e alicatado”.
O presidente de Apaga dixo...
leer másCARTELERA DE CINE RIBADEO HASTA EL 18 DE NOVIEMBRE
VIERNES 12, SÁBADO 13 Y DOMINGO 14
-Way down 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-Ron da error 17:45 horas
-Eternals 20:00 y 23:00 horas
LUNES 15, MARTES 16 (DÍA DEL ESPECTADOR) y JUEVES 18
-Way down 20:30 y 23:00 horas
-Eternals 20:00 y 23:00 horas
MIÉRCOLES 17 (SIN ESPECTÁCULO)
Os traballos de mellora e renovación da sinalización comercial e turística de Acisa Ribadeo xa deron comezo. Así o anunciou o xerente e portavoz da patronal ribadense, Jesús Pérez, xunto con Carmen Cruzado, membro da directiva de Acisa.
Pérez explicou que “esta semana comezaron os traballos de mellora e renovación da sinalización comercial e turística da vila. A primeira fase xa está case completada, procedeuse ao arranxo e renovado, tanto das estrutura coma da información que contiñan os paneis de benvida, tarefas que supuxeron un importante traballo despois de preto de 15 anos sen seren tocados. Os dous elementos xa renovados sitúanse na entrada da rotonda de O Xardín e na entrada pola estación de autobuses. Esta fase rematará coa instalación doutro panel na entrada pola estrada de Vegadeo, preto da Casa das Algas”.
... leer másO salón de plenos acolleu a presentación de Imos Andar, unhas andainas organizadas por Teresa Díaz coa colaboración da Concellaría de Deportes, que terán lugar os martes e os xoves ás 9:45 horas. Trátase dunha actividade gratuíta dirixida a mulleres e homes de calquera idade que queiran camiñar, socializar e pasar unha hora ao aire libre. O único que teñen que facer as persoas interesadas é presentarse nas escaleiras da praza de abastos, ás nove e media da mañá, os martes e os xoves. As rutas arrincarán o 16 de novembro. No acto de presentación estiveron: Teresa Díaz, promotora da iniciativa; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e o técnico municipal de deportes, Iván Rodríguez.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, sinalou que “serán dous días á semana para empezar, os martes e os xoves, de dez...
leer másO circuíto de teatro profesional Aparte da Vicepresidencia da Deputación de Lugo fai parada esta fin de semana na Mariña Lucense. O Auditorio Hernán Naval de Ribadeo acollerá dúas representacións da obra “Formigas no peto” de Ítaca Teatro, unha proposta innovadora e orixinal que une a narración oral co teatro de imaxes.
Este espectáculo fala da memoria individual e colectiva a través de varias personaxes moi recoñecibles e familiares vencelladas á nosa vida cotiá, desde as avoas ata nós mesmos, que camiñan polo Bazar da Memoria do protagonista. De xeito unipersonal narra, sente e viaxa por momentos e emocións da súa infancia, o seu fogar.
Na montaxe, a segunda da súa traxectoria, a compañía Ítaca afonda na capacidade do teatro para comunicar e transmitir emocións e dá un paso máis na experimentación con códigos...
leer másCARTELERA DE CINE RIBADEO HASTA EL 11 DE NOVIEMBRE
VIERNES 5, SÁBADO 6 Y DOMINGO 7
-Eternals: 17:30, 20:00 y 23:00 horas
-Halloween Kills: 20:30 y 23:00 horas
-Ron da error: 18:00 horas
LUNES 8, MARTES 9 (DÍA ESPECTADOR) Y JUEVES 11
-Eternals: 20:00 y 23:00 horas
-Halloween Kills: 20:30 y 23:00 horas
MIÉRCOLES 10 (NO HAY FUNCIÓN)
Esta fin de semana pódese desfrutar en Ribadeo dun concerto de tangos e un espectáculo de circo.
Este sábado, 6 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, actuará Malajunta Tango Dúo.
O domingo, día 7, ás 17:30 horas, no Auditorio Municipal Galitoon presentará un espectáculo para toda a familia, The Show Moscón, que é un circo ambulante de varietés presentado por un moscón gordo e repoludo. Trátase dun marabilloso circo representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se encontran no seu interior, entre os que aparecen verdadeiras divas da canción, absurdos números musicais, horribles magos e mentalistas, incribles bebés equilibristas, números de danza e un sen fin de humor.
Do 5 a o 9 de novembro celebrarase a campaña Tapeando con Acisa. Trátase dunha nova iniciativa ideada pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para o sector hostaleiro na que se darán cita 16 establecementos asociados, que ofrecerán as súas orixinais preparacións durante 5 días.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “cada establecemento ofrecerá todos os días unha tapa especial. As tapas terán un prezo que oscilará entre 1 e 3 euros, cada local fixou o seu prezo. Nos dípticos, que desde hoxe están nos bares, mesóns e restaurantes participantes, a clientela poderá atopar todos os datos das tapas que se van ofertar, os nomes das tapas, horarios de servizo e se ai opción de levar para casa. A campaña estará a nosa web e nas redes socias”.
Francisco Iriarte, presidente de Acisa,...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 4 DE NOVIEMBRE
VIERNES 29, SÁBADO 30, DOMINGO 31 Y LUNES 1
-El último duelo- 17:30, 20:00 y 23:00 horas
-Las leyes de la frontera- 20:30 horas
-La familia Addams 2- 18:00 horas
-Venom: habrá matanza:- 23:00 horas
MARTES 2 (DÍA DEL ESPECTADOR) Y JUEVES 4
-El último duelo- 20:00 y 23:00 horas
-Las leyes de la frontera- 20:30 horas
-Venom: habrá matanza:- 23:00 horas
MIÉRCOLES 3 (SIN ESPECTÁCULO)