Ribadeo
Música e exposición na axenda cultural de Ribadeo para estes días.
O sábado, 14 de agosto, Malajunta Tango Dúo presentará Apiazzolados co arxentino Martín Bucki ao piano e o asturiano José Luis Álvarez ao saxofón e acordeón. A actuación terá lugar no quiosco do Parque de San Francisco ás 20:00 horas.
O domingo, día 15, ofrecerá un concerto o grupo Beetle Judge dentro do ciclo Soa Forte, que organiza o Concello de Ribadeo. Será no Forte de San Damián ás 20:30 horas. A venda anticipada de entradas farase na Oficina de Cultura a partir deste mércores 11 en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tamén no ciclo Soa Forte actuarán Remakers, o día 22 de agosto, e Astra, o día 29.
Ademais ata o 10 de setembro no Forte de San Damián pódese visitar a exposición fotográfica La madre que nos parió. A nai...
leer másAcisa anima a mercar en Ribadeo durante o presente mes de agosto na campaña deste verán de 2021. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos quere que “a xente nos siga visitando, porque seguimos a ser un lugar seguro. Queremos que a xente veña, que merque, que saboree a exquisita gastronomía desta zona, que pasee e que coñeza o noso comercio, que é un referente en toda a contorna e queremos que se mergullan no patrimonio histórico, cultural e natural do noso concello, que ten costa e interior, que ten mar e montaña, que ten ría, natureza…”, explicou o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, que presentou a campaña xunto ao xerente da asociación, Jesús Pérez.
Ambos insistiron en que “Ribadeo é un importante destino de compras e de ocio” e en que “somos un grande centro comercial ao aire libre, o centro comercial coas...
leer másRibadeoXVivo así se denomina a nova guía de turismo activo na natureza que acaba de editar o Concello con toda a información relacionada coas empresas de lecer que operan no territorio. Recolle máis de 20 actividades diferentes. Atópase en formato papel nas oficinas de turismo e tamén pode descargarse na páxina web de Turismo de Ribadeo. Foi presentada hoxe polo alcalde, Fernando Suárez, e polo concelleiro Pablo Vizoso.
O edil de Turismo dixo que “a área xeográfica que abarca o territorio do concello de Ribadeo é un enclave natural de alto valor ecolóxico, cunha elevada concentración de recursos naturais e paisaxísticos singularmente recoñecidos. Estamos a falar, por exemplo, da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón, ou dos espazos encadrados na Rede Natura 2000, como o ZEC Ría de Ribadeo e o ZEC As Catedrais, tamén a...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 12 DE AGOSTO
1 EL BEBÉ JEFAZO: NEGOCIOS DE FAMILIA VSD 18:00 20:30 23:00
1 EL BEBÉ JEFAZO: NEGOCIOS DE FAMILIA L 20:30 23:00
1 EL BEBÉ JEFAZO: NEGOCIOS DE FAMILIA M 18:00 20:30 23:00
1 EL BEBÉ JEFAZO: NEGOCIOS DE FAMILIA X 20:30 23:00
1 EL BEBÉ JEFAZO: NEGOCIOS DE FAMILIA J 20:30
1 LA PURGA: INFINITA J 22:45
1 SPACE JAM: NUEVAS LEYENDAS J 20:15
1 TIEMPO J 23:00
2 ¡A TODO TREN! DESTINO ASTURIAS J 20:30
2 JUNGLE CRUISE VSD 17:45 20:15
2 JUNGLE CRUISE L 20:15
2 JUNGLE CRUISE M 17:45 20:15
2 JUNGLE CRUISE X 20:15
2 JUNGLE CRUISE TA J 20:15 23:00
2 OPERACIÓN CAMARÓN J 23:00
2 TIEMPO VSDL MX 23:00
O Concello de Ribadeo, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organiza Soa Forte, un ciclo de concertos que se desenvolverá os domingos de agosto no Forte de San Damián. Arrinca o día 8 con Roma e seguirá con Beetle Judge, Remakers e Astra.
A edil de Cultura, Pilar Otero, explicou que “Soa Forte é un ciclo de concertos que pretende aproveitar e pór en valor o forte de San Damián, á parte de como sitio expositivo ou mostra de arquitectura militar, como lugar onde escoitar música. O ciclo que hoxe presentamos ocupará os domingos de agosto ás 20.30 horas, co público sentado e gardando o resto das medidas anti covid 19”.
A concelleira ribadense contou que “este domingo actúa Roma, unha banda de pop-rock, proxecto persoal de dous irmáns logo de tocar coas mellores orquestras e influídos por Leiva, Quique...
leer másFoi inaugurada no Forte de San Damián a exposición La madre que nos parió/A nai que nos pariu, que pode visitarse ata o 29 de agosto. Trátase dunha mostra de 60 fotos de Nacho Samper e Nacho Carballo sobre a situación das mulleres en Senegal e sobre a labor que está a realizar alí a ONG Ser Madre Ser mujer. O colectivo loita por reducir a mortalidade materna e neonatal frecuente nese país.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “esta exposición é unha iniciativa da ONG Ser Madre Ser Mujer, que recolle o traballo das súas fundadoras: Nerea Roldán, Ana Ramos e Raquel Pérez, que desde hai máis de seis anos, xunto Co equipo da ONG, conseguen que mulleres e nenas do Senegal reduzan riscos obstétricos e xinecológicos, facendo fronte así á precariedade sanitaria do país africano. A exposición, a través das fotografías de...
leer másAta o 16 de agosto pode visitarse no parque de San Francisco a exposición Alimentación cotiá, unha ollada ao pasado e ao presente, que forma parte do traballo do obradoiro Vencellos da Memoria. A mostra foi inaugurada hoxe.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “a exposición Alimentación cotiá, unha ollada ao pasado e ao presente, que podemos ver estes días no parque de San Francisco, forma parte do traballo realizado polos alumnos e polas alumnas da especialidade de gravación de datos do obradoiro de emprego para persoas mozas Vencellos da Memoria. É unha pequena, pero ao mesmo tempo gran mostra do enorme traballo que realizaron durante estes últimos meses, organizando a documentación de arquivos municipais de Ribadeo e de Barreiros, cun obxectivo claro e principal, que é preservar e difundir o patrimonio...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 5 DE AGOSTO
1 LA PURGA: INFINITA VSDL MXJ 22:45
1 SPACE JAM: NUEVAS LEYENDAS VSD 17:45 20:15
1 SPACE JAM: NUEVAS LEYENDAS L 20:15
1 SPACE JAM: NUEVAS LEYENDAS M 17:45 20:15
1 SPACE JAM: NUEVAS LEYENDAS XJ 20:15
1 SPACE JAM: NUEVAS LEYENDAS XJ 20:15 22:45
2 ¡A TODO TREN! DESTINO ASTURIAS VSDL MXJ 20:30
2 FAST AND FURIOUS 9 XJ 23:00
2 OPERACIÓN CAMARÓN VSDL MXJ 23:00
2 PETER RABBIT 2: A LA FUGA VSD M 18:00
2 PETER RABBIT 2: A LA FUGA XJ 20:00
O 13 de agosto terán lugar en Ribadeo unha charla e unha observación astronómica. Para poder asistir é necesario inscribirse na Área de Medio Ambiente do Concello.
Desde a Concellaría de Medio Ambiente explican que “como en anos anteriores, temos prevista unha actividade de astronomía o 13 de agosto. Consistirá nunha conferencia ás 21:30 no Teatro e posteriormente unha observación astronómica na Praza de España. Debido á situación sanitaria actual é importante que as persoas que desexen acudir se inscriban na Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo (sostibilidade@ribadeo.org – 982 120 701)”.
Esta actividade, coa que colabora o Concello de Ribadeo, está organizada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller, que pertence á Universidade de Santiago de...
leer másA música protagoniza a axenda cultural do Concello de Ribadeo para esta fin de semana.
O venres, 30 de xullo, actuarán Otus Scops, grupo de rock instrumental dedicado á interpretación de clásicos dos 50, e Wavi Gravies, banda de rock con influenzas da música garage e surf.
O sábado, 31 de xullo, ofrecerán un concerto a banda de música electrónica Laura Lamontagne & Pico Amperio e a DJ Russinha.
O 1 de agosto será a Xira a Santa Cruz, que organiza Amigos das Gaita. Ás 12:00 no parque de San Francisco actuará Paco Nogueiras. E ás 20:30 horas no auditorio de Cabanela será a quenda para Xosé Lois Romero e Abaloria. En caso de choiva estas actividades quedarán suspendidas.