Ribadeo
Co pregón que pronunciará o xornalista ribadense Fabián Pérez Rego este sábado, 31 de agosto, darán comezo as festas patronais de Ribadeo 2019. Será ás 20:30 horas no Teatro. E no mesmo intervirán o presidente da comisión organizadora, Juan José Otero, e o alcalde, Fernando Suárez. O acto será conducido pola xornalista Carmen Cruzado.
O pregoeiro Fabián Pérez naceu en Ribadeo en 1993, estudou no Colexio Sagrado Corazón e no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros. En 2011 trasládase a Barcelona a cursar a carreira de Xornalismo e dous anos de Ciencias Políticas. Desde 2015 reside en Madrid, cidade á que se desprazou inicialmente para cursar un máster.
Pasou polo diario El Progreso en A Mariña no verán de 2014 e estivo na Cadena SER en Barcelona en 2015. Actualmente traballa como reporteiro no programa Todo es...
leer másA oitava edición do Fórum de Innovación e Formación sobre vehículos, organizado pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA), celebrarase en Ribadeo dos días 27 ao 30 de agosto. Será por primeira vez no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias.
Este Fórum, homologado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, está destinado a profesores de Transportes e Mantemento de Vehículos, profesionais do sector do automóbil, alumnos de Formación Profesional e universitarios, ademais de a afeccionados do mundo do motor.
Entre os obxectivos da actividade figuran “establecer un punto de encontro entre o profesorado da familia profesional de Transportes e Mantemento de Vehículos; coñecer as últimas tecnoloxías que se están aplicando aos vehículos; realizar...
leer másA exposición de fotografía submarina Ribadeo, o que a ría esconde, que ocupou as salas do forte de San Damián desde o 3 ata o 18 de agosto de 2019, trasladouse á sala de exposicións do Real Club Náutico de Ribadeo, onde permanecerá ata o 15 de setembro en horario de apertura das instalacións do Club.
Pilar Otero, a concelleira de Cultura, explica que “este traslado vén motivado polo enorme éxito acadado, xa que cerca de 3.000 persoas puideron gozar desta primeira exposición fotográfica de temática de patrimonio cultural subacuático galego, neste caso da ría de Ribadeo, e co ánimo de responder á grande demanda do público”.
A edil ribadense di: “desde o Concello de Ribadeo convidamos a seguir visitando nas instalacións do Club Náutico esta mostra que destaca polo seu valor histórico-arqueolóxico e que nos amosa a...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 28 DE AGOSTO
JUEVES 22
-“Mascotas 2” – 20:30 horas
-“Fast & Furious: Hobbs & Shaw” – 23:00 horas
-“El rey león” – 20:15 horas
-“Padre no hay más que uno” – 23:00 horas
VIERNES 23, SÁBADO 24 Y DOMINGO 25
-“Angry Birds 2” – 18:00 y 20:30 horas
-“Padre no hay más que uno” – 23:00 horas
-“Mascotas 2” – 18:00 horas
-“Erase una vez Hollywood” – 20:00 y 23:00 horas
LUNES 26
-“Angry Birds 2” – 20:30 horas
-“Padre no hay más que uno” – 23:00 horas
-“Mascotas 2” – 20:30 horas
-“Erase una vez Hollywood” – 23:00 horas
MARTES 27 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Angry Birds 2” – 18:00 y 20:30 horas
-“Padre no hay más que uno” – 23:00 horas
-“Mascotas 2” – 18:00 horas
-“Erase una vez Hollywood” – 20:00 y 23:00 horas
MIÉRCOLES 28
-“...
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu clásico concerto de música de cine, con proxección nunha pantalla de fragmentos das películas ás que pertencen as pezas que tocaran, o día 30 deste mes, venres, ás 22:00 horas nas escaleiras da Casa do Concello.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anuncia: “a Banda Municipal de Música de Ribadeo continúa cos seus concertos da tempada de verán e o seguinte que temos é o venres día 30 ás dez da noite nas escalinatas do Concello. É un concerto de bandas sonoras, que cada vez está tendo máis éxito”.
David Ballester engade que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo nesta ocasión vai interpretar oito obras, que todas elas é a primeira vez que se poñen enriba do atril da Banda, con arranxos algúns deles non moi complicados e outros un pouco máis. Todo...
leer másEl puerto deportivo de Ribadeo acogerá un Carnaval de Verano este viernes, día 23. Está organizado por el Náutico Bar&Tapas.
En este evento, que comenzará a las once de la noche, habrá fiesta de disfraces y estará amenizado con música actual a cargo de un DJ.
Quedan uns días para inscribirse na III Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que se celebrará o día 24 deste mes, sábado.
Desde a organización, que corre a cargo do Club Atletismo Ribadeo, explican que “fican uns días para que se dispute a III Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que celebrará o sábado 24 de agosto, vencellando as vilas de Rinlo e Ribadeo na proba absoluta, de 8,7 quilómetros. O evento dará comezo ás 20:00 horas para as categorías dos cativos até alevín diante do Concello de Ribadeo e na contorna do Parque de San Francisco. Os infantís e cadetes terán a súa saída dende a Illa Pancha ás 21:30 horas, mentres que a proba absoluta será ás 21:45 horas dende a Praza de Santa Catalina, en Rinlo”.
Os organizadores deste evento deportivo engaden que “haberá trofeos para todas as categorías, incluíndo á derradeira...
leer másMañá e o domingo, días 17 e 18 de agosto, preto de 30 establecementos asociados a ACISA Ribadeo sacarán á rúa os seus produtos nunha nova edición do Mercado de Rúa, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos en colaboración coa Xunta de Galicia e co Concello de Ribadeo.
Un ano máis ACISA programa esta actividade de dinamización comercial co obxectivo de facer mais accesibles os produtos aos clientes.
Dende a xerencia da asociación, Jesús Pérez, explicou hai uns días que “dende ACISA cremos que esta cita é moi interesante para os nosos asociados e tamén para os seus clientes. Con ela pretendemos facer un comercio mais preto de ti, facendo que na propia rúa poidas ver os produtos sen necesidade de entrar nas tendas”.
E engadía: “este ano ven con novidades...
leer másO Mercado dos Domingos celébrase na contorna da praza de Abastos de Ribadeo ata o 13 de outubro. Esa xornada terá lugar a Festa da Horta. Pero antes os días 1 e 22 de setembro chegarán o Toma Tomate e o Pemento Fest respectivamente. O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, presentou a axendiña do Mercado dos Domingos.
O edil ribadense lembrou que “o concello de Ribadeo aposta desde hai moitos anos polo desenvolvemento dun espazo de consumo local como é o Mercado dos Domingos. Este mercado celébrase todos os domingos na contorna da praza de abastos e terá duración ata o 13 de outubro”.
Vizoso dixo que “o Mercado dos Domingos é un mercado de produtores e produtoras da zona, un mercado directo, achegando así os produtos ás persoas consumidoras, das persoas produtoras á mesa poñendo en valor a...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 21 DE AGOSTO
JUEVES 15
-“Mascotas 2” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“El rey león” – 17:30 horas
-“Fast & Furious: Hobbs & Shaw” – 20:15 y 23:00 horas
VIERNES 16, SÁBADO 17 Y DOMINGO 18
-“Mascotas 2” – 18:00 y 20:30 horas
-“El rey león” – 17:30 horas
-“Fast & Furious: Hobbs & Shaw” – 23:00 horas
-“Padre no hay más que uno” – 20:30 y 23:00 horas
LUNES 19
-“Mascotas 2” – 20:30 horas
-“El rey león” – 20:15 horas
-“Fast & Furious: Hobbs & Shaw” – 23:00 horas
-“Padre no hay más que uno” – 23:00 horas
MARTES 20 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Mascotas 2” – 18:00 y 20:30 horas
-“El rey león” – 17:30 horas
-“Fast & Furious: Hobbs & Shaw...