Ribadeo
A Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para mañá, 12 de abril, un concerto de piano que correrá a cargo de Manuel Varela Bello. Será ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval. O prezo da entrada é de 3 euros.
O sábado, 13 de abril, actuará a Coral Polifónica de Ribadeo no pregón da Semana Santa. O acto terá lugar na igrexa parroquial, a partires das 20:00 horas. O pregón será pronunciado por Celia Castro.
O domingo, 14 de abril, dentro do programa Apego, Tanxarina presenta A Galiña Azul, gañadora do premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil 2018 e Premio FETEN ao Mellor Espectáculo de Monicreques 2018. É unha montaxe que fala da diversidade e da solidariedade, que emprega diversas técnicas de manipulación de bonecos, traballo interpretativo, música e cancións. Recomendada para nen@s con...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 17 DE ABRIL
JUEVES 11
-“Dumbo” – 20:30 horas
-“Shazam” – 23:00 horas
-“Dolor y gloria” – 20:30 y 23:00 horas
VIERNES 12, SÁBADO 13 Y DOMINGO 14
-“Parque mágico” – 18:00 y 20:30 horas
-“Cementerio de animales” – 23:00 horas
-“Dumbo” – 18:00 horas
-“Shazam” – 20:15 y 23:00 horas
LUNES 15 Y MARTES 16 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Parque mágico” – 20:30 horas
-“Cementerio de animales” – 23:00 horas
-“Dumbo” – 20:30 horas
-“Shazam” – 23:00 horas
MIÉRCOLES 17
-“Parque mágico” – 20:30 horas
-“Cementerio de animales” – 23:00 horas
-“Dumbo” – 20:30 horas
-“Shazam” – 23:00 horas
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á feira medieval de Monforte de Lemos e á bodega Regina Viarum, en Sober. Será o día 20 deste mes, sábado.
A actividade inclúe viaxe en autobús con saída desde Ribadeo e paradas nos lugares de costume, almorzo en ruta, visita ás instalacións de Regina Viarum con explicación do proceso e historia da bodega, cata de dous viños, comida con viños mencía e albariño; e pola tarde percorrido por Monforte de Lemos, onde se celebra a feira medieval. O prezo é de 40 euros por persoa.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70....
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Semana Santa o mércores 17 de abril ás 21:00 horas na igrexa parroquial de Santa María do Campo. Nesta actuación estrearán seis obras e debutará un novo trompetista.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou: “chegada a Semana Santa a Banda Municipal de Música de Ribadeo non podía faltar a esta data. Como o ano anterior, faremos o concerto de Semana Santa na igrexa parroquial, ás nove da noite o mércores 17 de abril”.
David Ballester engade que “aproveitando este motivo, queremos convidar a toda a xente que estea en Ribadeo ese mércores, a achegarse ata a igrexa parroquial para disfrutar do concerto de Semana Santa”.
O director da Banda explica que “este ano serán sete obras, das cales seis serán interpretadas por...
leer másAcisa Ribadeo impartirá o 25 de abril un curso de redes sociais para empresas. Trátase dunha actividade gratuíta, aberta a todo o público interesado. Terá lugar no salón de actos do edificio de sindicatos (Av. De Galicia 20 – Bajo – Ribadeo) a partir das 20.30 horas.
Segundo explica o xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, “o obxectivo do curso será o de dotarnos de ferramentas para o uso das redes sociais desde un punto de vista profesional, separándoas das persoais e para sacar o máximo partido dos recursos ao noso alcance. Abordaremos contidos específicos como a linguaxe propia das RRSS, o traballo de marca dixital ou o mundo dos influencers. Ademais intentaremos aproveitar o curso ao máximo. Os interesados poderán preparar dúbidas con anterioridade para que a persoa formadora as meta no...
leer másEl doctor Manuel Antonio Botana, especialista en Endocrinología y Nutrición, ofrecerá una charla en el Centro Sociocomunitario de Ribadeo, que está en la calle Ibáñez, detrás de la casa consistorial, este miércoles, día 10 a las 16:30 horas. Este acto es abierto al público y está dirigido a toda la población.
El doctor Botana explica que su charla de este miércoles en Ribadeo versará sobre los alimentos y lo que debemos hacer para tener una dieta equilibrada y saludable.
Manuel Antonio Botana es licenciado en Medicina y doctor por la Universidad de Santiago, especialista en Endocrinología y Nutrición (residencia - MIR- cursada en el Hospital Marqués de Valdecilla), adjunto de Endocrinología y Nutrición en el HULA, fue presidente de la Sociedad Gallega de Endocrinología durante 8 años, hasta 2016, miembro del Grupo...
leer másA programación cultural do Concello de Ribadeo para o segundo trimestre do ano inclúe a actuación da cantante Sés o 4 de maio ou a exposición de Suso Peña, que se inaugurará o 27 de abril. Ademais haberá matronatación en maio, dentro do programa Apego, e tamén terán lugar os concertos de Agüeira Projet este sábado, 6 de abril, e a Banda da Loba o 17 de maio. A axenda cultural foi presentada esta tarde polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
O edil ribadense contou que “vai haber moita música, pero aínda queda algo de teatro e actuacións para os pícaros e para as pícaras. Temos que destacar que ao longo deste trimestre, nomeadamente do 27 de abril ao 26 de maio vai ser a exposición sobre a obra de Suso Peña, que quere render unha homenaxe a este ribadense que tanto deu a coñecer a nosa vila e o noso concello, e tanto ten dado mostras...
leer másAta as 11:30 horas deste xoves, 4 de abril, máis de 30 persoas pasaran xa pola oficina de ABanca, en Ribadeo, para conseguir as súas panchas, a moeda local que estará en curso entre o 5 de abril e o 5 de maio. Cada persoa pode canxear 30 euros por 40 panchas, que terán un valor de 40 euros, para gastar nos máis de 80 establecementos que participan na campaña de dinamización do comercio local que organiza o Concello de Ribadeo coa colaboración de Acisa e de ABanca.
Polas oficinas desta entidade bancaria para facerse coas súas panchas pasaron tamén o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, a concelleira de Comercio, Ana Martínez, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e o xerente da asociación, Jesús Pérez.
O rexedor declarou que “é gratamente sorprendente vir, a esta primeira hora da mañá, facer os primeiros...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 10 DE ABRIL
JUEVES 4
-“Dumbo” – 20:30 y 23:00 horas
-“Dolor y gloria” – 20:30 y 23:00 horas
VIERNES 5 Y SÁBADO 6
-“Shazam” – 17:30, 20:15 y 23:00 horas
-“Dumbo” – 18:00 y 20:30 horas
-“Dolor y gloria” – 23:00 horas
DOMINGO 7
-“Shazam” – 17:30, 20:15 y 23:00 horas
-“Dumbo” – 18:00 horas
-“Dolor y gloria” – 20:30 y 23:00 horas
LUNES 8
-“Shazam” – 20:15 y 23:00 horas
-“Dolor y gloria” – 20:30 y 23:00 horas
MARTES 9 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Shazam” – 20:15 y 23:00 horas
-“Dumbo” – 20:30 horas
-“Dolor y gloria” – 23:00 horas
MIÉRCOLES 10 (SIN ESPECTÁCULO)
A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga) está a preparar un seminario permanente, para xuño, sobre o empresario Eduardo Barreiros, no ano no que se cumpre o centenario do seu nacemento. Ademais Apaga organizará outro seminario, a finais de ano, sobre José Barro, coñecido empresario que impulsou o complexo de Chavín, en Viveiro. Apaga ten programadas tamén varias fins de semana tecnolóxicas de abril a xuño. A primeira delas será este sábado, día 6, en Ribadeo e versará sobre o diagnóstico de avarías en vehículos.
Álvaro Doural, presidente de Apaga, explicou que “continuando co programa formativo que estamos a desenvolver desde o inicio de ano, vai haber un curso de diagnóstico de avarías de vehículos, un curso eminentemente práctico, impartido por Urbano Oliveros, que é un técnico de Coruña. O número de prazas máximo é de...
leer más












