Foz

Etiquetas:
21/10/2015
O Cenima de Foz proxecta esta fin de semana, o 23 e o 25 de outubro, un audiovisual de Otero Regal e unha película infantil.
 
O Cenima de Foz acolle esta fin de semana novas actividades culturais, das que deu conta a concelleira de Cultura, Silvia Blach. 
“Este venres 23 temos ás 20 horas a reprodución do vídeo Auga, terra e lume, de Otero Regal, dentro da mostra A Maruxaina e outras sereas, que está sendo exposta no Cenima estes días, durante todo o mes de outubro. O domingo 25 ás 18 horas ábrese a taquilla e ás 18:30 horas xa comeza a proxección da película infantil O pequeno mago. A entrada son tres euros nada máis e penso que é unha historia moi interesante na que se fala de normandos e bispos na cidade de Tui no século X. Penso que sería interesante para todos vela”, asegura a edil de Cultura focense. 
 
Etiquetas:
16/10/2015
O Centro Cívico de Cangas, en Foz, inicia o 24 de outubro a apertura de tempada cunha cea-baile o cargo do Grupo Montreal.
 
O Centro Cívico de Cangas de Foz inicia o 24 de outubro a programación da súa nova temporada cunha cea-baile amenizada polo Grupo Montreal a partir das 20:30 horas. O prezo da cea máis a entrada é de 15 euros e o menú constará de entrantes, churrasco, chourizo criollo e vermello, pan e viño. 
A entrada para que os vaian a partir das 22:30 horas, só ao baile, será de seis euros. Os tickets están xa á venda na cafetería do Centro Cívico ou no teléfono 659 934 587.
O 31 de outubro será o momento para gozar da Orquestra Poceiro. O 7 de novembro pasará polo Centro Cívico de Cangas o Grupo Yucatán, o 14 de novembro volverá o Grupo Montreal e o 21 de novembro amenizará o baile o Grupo Nueva Ola. 
 
Etiquetas:
15/10/2015
Este sábado, 17 de outubro, na Librería Bahía de Foz estarán As Maimiñas presentando o seu disco-libro "Unha viaxe polo mundo".

 

Este sábado, 17 de outubro, ás doce da mañá estarán na Librería Bahía As Maimiñas, nun concerto presentación do seu libro-disco "Unha viaxe polo mundo". Esta actividade está dentro do programa "Os venres nas librerías", que desenvolven a Federación de Libreiros e a Asociación Galega de Editores e apoia a Xunta de Galicia e na que participa Librería Bahía. A actividade é aberta.

Etiquetas:
14/10/2015
Cine, charlas e teatro son algunhas das propostas da Concellería de Cultura de Foz para o mes de outubro.
 
Cine, teatro e charlas son algunhas das propostas da Concellería de Cultura, que dirixe Silvia Blach, para as vindeiras semanas. 
Cinema no cenima
Mañá, 15 de outubro, ás 20:30 horas volve o Cinema no Cenima coa proxección da película Guillaume e os rapaces, á mesa, unha comedia francesa de Guillaume Gallienne. O prezo das entradas é de 3 euros e a taquilla abrirá ás oito da tarde. 
Os máis pequenos da casa tamén gozarán de Cinema no Cenima o 25 de outubro ás 18:30 horas. Ese día poderán ver O pequeno mago, un filme de animación para o público familiar. Sipnose: uns perigosos piratas normandos atracan na pequena cidade galega de Tui, dispostos a saqueala. Bieito Dubidoso, un neno de tan só 9...
leer más
14/10/2015
Este venres, 16 de outubro, dan comezo na Biblioteca Pública Municipal de Foz os "Contos de Outono", que traen á vila a Pablísimo e Sherezade Bardají.
 
Este venres dan comezo na Biblioteca Pública Municipal de Foz os Contos de Outono, segundo ven de anunciar a concelleira de Cultura, Silvia Blach. 
O 16 de outubro ás 18 horas os nenos e nenas a partir de catro anos poderán gozar de Os contos de Pablísimo, que presenta ¡Rás!, contos batracios: “Bico ou non bico a ra? Os sapos e as ras de hoxe en día xa non son coma antes. Unha divertida escolma de contos e cancións onde os batracios son os protagonistas”. ¡Rás! Contos Batracios é un espectáculo de narración oral, teatro de obxectos e bonecos baseado en contos, fábulas, retahilas, contos de nunca rematar e cantinelas.
Xa o 30 de outubro, tamén ás seis da tarde, e destinado a bebés de 0 a 3 anos Sherezade Bardají presentará Palabras...
leer más
Etiquetas:
07/10/2015
Os xoves 8 e 15 de outubro a Librería Bahía, de Foz, acollerá a actividade "Vén xogar ao abecedario", destinada a nen@s a partir de 3 anos.
 
Os xoves 8 e 15 de outubro, ás 18 horas a Librería Bahía, de Foz, acolle a actividade "Vén xogar co abecedario", actividade para nenas e nenos a partir de 3 anos. A proposta está baseada no libro O Abecedario, que edita a Mesa pola Normalización Lingüística e contará coa presenza de Mónica Pazos, responsable da actividade. 
A entrada é de balde e hai prazas limitadas. Hai que inscribirse na librería ou no teléfono 982140434.
 
Etiquetas:
06/10/2015
A Sala Bahía, de Foz, acolle este domingo, día 11, o programa Axóuxeres, unha cita coa música, os xogos e as palabras para nen@s de entre 0 e 6 anos.
 
A Sala Bahía, de Foz, acolle este domingo, día 11 de outubro, ás doce do mediodía un encontro co programa de dinamización lingüística Axóuxeres, unha cita concibida como unha festa da música, dos xogos e da palabra. A ela están invitados os nenos de entre 0 a 6 anos, que precisan inscribirse antes no teléfono 697.36.30.89 en horario de 10 a 13 horas. A entrada é de balde ata completar o aforo da sala.
 
O evento forma parte do programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística, da Xunta de Galicia.
 
Etiquetas:
05/10/2015
Os Sendeiros de Foz participarán no Encontro Astur-Galaico, que terá lugar o 25 de outubro en Vegadeo. A inscrición estará aberta ata o día 16. O evento está organizado polo grupo Pandela.
 
A asociación Os Sendeiros de Foz vai estar presente o próximo 25 de outubro o Encontro Astur-Galaico, que organizan en Vegadeo os membros do grupo Pandela. O colectivo chama á participación do máximo número de xente posible nas dúas rutas propostas, unha de nove quilómetros e outra de 17, de dificultade media. O xantar será no recinto feiral organizado polo grupo anfitrión. O prezo é de 15 euros e inclúe a comida.
 
A saída está prevista para o domingo 25 outubro as 8:30 horas, do Concello.
O derradeiro día para anotarse é o 16 de outubro nos teléfonos 696236020 (Luciano) ou 670369017 (Morís). Tamén é posible anotarse no correo electrónico ossendeiros@...
leer más
Etiquetas:
02/10/2015
Dezaoito establecementos hostaleiros participarán na Festa do Mexillón que organiza o CCA de Foz do 10 ao 12 de outubro, durante a ponte do Pilar.
 
A Festa do Mexillón que organiza o Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz desenvolverase en 18 establecementos hostaleiros da vila durante a ponte do Pilar, do 10 ao 12 de outubro.
Neste evento gastronómico participan A Bolera, A Funcional, A Soalta, A Viela, Bar 78, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Xoyma, Cervecería Portovello, Hostal O Norte, Marexada, O Muelle Bar, O Náutico, O Tangarte Mariñeiro, O Tangarte Mesón, Pescadería Cetárea Mar Cantábrico, Pizzería Xoiña, Restaurante Dandy e Restaurante Fina.
Desde o Centro Comercial Aberto animan “á xente que nos visite eses días e aos veciños e veciñas de Foz e da comarca da Mariña a achegarse a saborear este produto, que atoparán preparado de diversas maneiras”. A...
leer más
Etiquetas:
02/10/2015
O Cenima, en Foz, acollerá durante o mes de outubro a exposición "Maruxaina e outra sereas", que organiza a Concellería de Cultura en colaboración coa asociación Os Aventados.
 
O vindeiro luns, 5 de outubro, ás 20 horas terá lugar a inauguración da exposición A Maruxaina e outras sereas, do libro do mesmo nome e composta por esculturas de Otero Regal e textos de Pablo Mosquera e Paco Rivas. 
O evento, que se celebrará na sala de exposicións do Cenima, contará coa presenza do alcalde, Javier Castiñeira, e do presidente da asociación Os Aventados. 
A Maruxaina e outras sereas poderase ver no Cenima ata o 31 de outubro. Durante todo este mes haberá diversas actividades complementarias arredor desta exposición. O día 16 pola mañá desenvolverase un relatorio para escolares sobre a Relación entre saúde e elementos utilizados na fabricación de recipientes de cerámica, a cargo de Otero Regal. O 23 proxectarase o...
leer más