Foro Social da Mariña

24/05/2025

O mércores 28 de maio ás 20:00 horas na Sala Bahía, de Foz, o Foro Social da Mariña organiza unha conferencia coloquio titulada Ucrânia, militarismo, impérios, a cargo de Carlos Taibo Arias, escritor e profesor xubilado da Universidade Autónoma de Madrid.

O Foro Social da Mariña explica que “a guerra de Ucrânia ten revelado moitas das miserias do planeta contemporáneo, e entre elas a natureza belicista dos impérios, a condición sumisa da UE e o esquecemento permanente do sufrimento da xente común. Á condena do militarismo ruso compre agregar unha crítica radical do expansionismo occidental. E compre lembrar, en paralelo, un escenario marcado poderosamente polas crises social e ecolóxica. A conferencia  abordará esta escalada bélica e as súas consecuencias, a situación xeopolítica actual, o incremento do gasto en defensa, a...

leer más
09/02/2025

A Casa da Cultura de San Cibrao, no concello de Cervo, acollerá a charla titulada Tecedoras de memoria. Desenterrando historias nas fosas franquistas de Galicia. Será o día 14 de febreiro, venres, ás 19:30 horas, e intervirán as doutoras en Historia Uxía Otero González e Conchi López Sánchez.

Esta actividade está organizada polo Foro Social da Mariña.