Camiño do Mar
A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela presentaron este venres unha nova edición do Camiño Gastronómico do Mar, unha iniciativa gastronómica que mantén o dobre obxectivo co que se lanzou hai xa seis anos: fomentar o consumo de peixe e promocionar o Camiño do Mar. Desenvolverase do 19 de outubro ao 30 de novembro.
O acto tivo lugar nas instalacións de Armadores de Burela e estivo presidido pola conselleira de Mar da Xunta de Galicia, Marta Villaverde, coa representación de varios dos concellos polos que discorre a acción, como Foz, Burela, Xove, Ortigueira ou Mañón; entidades relacionadas co mar, como a Fundación Expomar, o Galp A Mariña Ortegal e representantes das frotas do porto de Burela e outras asociacións pesqueiras do norte de Galicia...
leer más