2026
O Concello de Xove, por medio do alcalde, Demetrio Salgueiro Rapa, e da concelleira de Cultura, Dolores Meitín Guerreiro, presentou o Calendario 2026, que envía nestas datas a tódolos domicilios do municipio.
“A temática elixida para este 2026 mestura a riqueza paisaxística e cultural das oito parroquias xovenses. Cada mes do próximo ano vai ilustrado cunha paisaxe na que se integra un refrán ou expresión popular do municipio. Estas construcións foron gardadas e transmitidas de xeración en xeración e recóllense coa idiosincrasia e maneira de falar da xente de Xove, sendo fieis ás fontes que foron os nosos antepasados. Os refráns gardan a filosofía dun pobo, o seu sentido do humor e, en definitiva, o xeito de vivir e de afrontar a incerteza da propia existencia. Podemos dicir que o almanaque deste próximo ano 2026 non só recolle o máis...
leer más



