Festas
San Ciprián celebrará a mediados deste mes de xullo as súas Festas na Honra da Virxe do Carme.
A cita, que foi presentada polas edís de Cultura, Servizos Sociais e Medio Ambiente, Dolores García Caramés, Pilar Armada e Mali Méndez, respectivamente, e por unha representación das asociacións A Anxuela, Mar de San Ciprián e Amigos da Maruxaina, que organizan as diferentes actividades, desenvolverase desde o xoves 14 de xullo ata o domingo 17 con múltiples citas gastronómicas e musicais.
Así o día 14, na Praza dos Campos, terá lugar unha Festa do Mexillón, a partir das 20:00 horas, na que se servirán racións deste molusco por parte da asociación Amigos da Maruxaina, que estará amenizada por gateiros e tamén por DJ Ovo.
O venres, 15, ás 14:00 horas, está prevista a sesión vermú a cargo da...
leer másO alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron o programa no campo da festa, na compañía da Comisión, encabezada por Francisco Fernández e Isabel Guerreiro.
A cita festiva será o domingo, 3 de xullo. Ás 13:00 horas está prevista unha misa solemne seguida da Procesión. A continuación terá lugar a sesión vermú a cargo de Tania e o seu acordeón; que á noitiña, ás 21:00 horas, repetirá para amenizar o baile.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto Caserío; a concelleira de Cultura, Inés López Couto; e Ángel Fernández Neira, da comisión de festas O Noso Foz, presentaron o cartel das vindeiras festas do Carmen.
Os representantes do goberno municipal explican que “en Foz séguese traballando arreo para preparar todo para un verán que se espera intenso.
Ás múltiples actividades que se organizaron durante os dous últimos anos de pandemia, respectando as restricións, vanse sumando novos eventos e outros que volven ao calendario habitual do verán focego. Neste caso as Festas do Carme, que son un referente na vila mariñá e que axuntan sentimento, familia e as ganas de xuntarse e compartir. Este ano a comisión e o Concello queren render unha homenaxe ás redeiras, cun cartaz que amosa o seu traballo, silencioso e indispensable no mundo...
leer másA Concellería de Cultura anuncia que hoxe abre o prazo de inscrición para participar no Gran Karaoke que se celebrará no marco das Festas Patronais. O Auditorio Municipal dará cabida a este evento o mércores día 1 e o xoves día 2 de xuño, agardando a boa acollida que tivo en pasadas edicións.
Os participantes distribuiranse nas categorías infantil e xuvenil, que interpretarán as súas pezas o mércores a partir das 20:30 horas, e na categoría senior para adultos, que comezará o xoves ás 21 horas.
Para poder inscribirse, as persoas interesadas poderán empregar distintas modalidades, ben achegándose presencialmente á Casa da Xuventude sita na rúa do Cancelo nº 1, chamando por teléfono ao 982 58 11 41, ou ben enviando un correo electrónico á dirección casaxuventude@burela.org...
leer másAs festas patronais de Burela na honra da Virxe do Carme e San Xoan Bautista darán comezo o 27 de maio coa estrea do alumeado festivo e a baixada da Vila do Medio. Ás 21:00 horas celebrarase a misa na honra da Virxe do Carme e a procesión desde a Igrexa da Vila do Medio ata a parroquial acompañada da Banda de Gaitas Dambara.
O sábado 28 ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura Antonina Semedo pronunciará o pregón das festas. O domingo 29 ás 13:30 horas, na rúa do Hórreo, haberá unha actuación de Acordeonistas da Marinha. O martes 31 ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura proxectarase o documental de Paco Salgueiro titulado Burela: referentes do lecer no século XX.
O día 1 de xuño ás 20:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura terá lugar o Gran Karaoke Infantil e Xuvenil. O xoves 2 de xuño ás 21:00...
leer másAs festas patronais de Burela desenvolveranse do 3 ao 6 de xuño. A comisión organizadora comeza hoxe a pedir donativos polos negocios locais, segundo anunciou a concelleira de Festexos, Toñi Eijo.
A edil burelesa explicou que “a comisión de festas vai saír á rúa a pedir donativos polo comercio e pola hostalería para as festas de Burela, que serán os días 3, 4, 5 e 6 de xuño. Intentamos ter a colaboración máxima porque este ano non está a situación como cando fixéramos as últimas festas. Entón esperamos ter axuda tanto de comercio como de hostalería, pero tamén temos unha conta aberta en Abanca para que calquera particular que queira dar un donativo, aínda que sexan 2 euros, poida facelo; vennos todo xenial”.
Toñi Eijo dixo que “xa temos contratadas as orquestras, pero para o resto do programa contaremos co que se...
leer másA parroquia de Rúa celebrará, de novo, a súa tradicional Festa da Candelaria o venres 11, o sábado 12 e o domingo 13 de marzo. Son as primeiras festas patronais con verbena que se celebran no municipio desde o ano 2020.
A cita foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e polos membros da comisión de festas, Alexis, Miriam e Antonio Villarquide.
A cita celébrase esta fin de semana despois de ser aprazada no mes de febreiro pola situación derivada da sexta vaga da pandemia.
Deste xeito, dende o Concello convidan a todo o mundo a asistir a esta festa na honra á Virxe da Candelaria cun programa repleto de actos que debullamos a continuación:
O venres, 11 de marzo, haberá verbena coas orquestras Fania Blanco Show e Los Satélites.
A parroquia cervense de Rúa celebrará as festas da Candelaria os días 2, 4, 5 e 6 de febreiro baixo carpa e adaptadas ás medidas sanitarias vixentes nese momento.
O programa de actividades empezará o mércores 2 ás 13:30 horas con misa cantada por Toñito e procesión. O venres 4 haberá verbena amenizada polas orquestras Los Satélites e Finisterre.
A festa seguirá o sábado 5 ás 13:00 horas con misa cantada polo Coro Parroquial de Cervo e procesión. Despois haberá sesión vermú coa orquestra Miramar, que tamén amenizará a verbena xunto con Fania Blanco Show.
E rematarán os festexos o domingo 6, xornada na que ás 13:00 horas celebrarase misa cantada polo Coro Parroquial de Cervo e procesión. E a continuación haberá sesión vermú co grupo Fénix, que tamén amenizará a verbena.
Co pregón que pronunciará Sonia Villapol arrincarán As San Lucas 2021 o vindeiro venres, 15 de outubro, en Mondoñedo.
Sábado 16. As 12.00 horas a Gran Final da XX Copa Galicia P.R.G. do Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas de Pura Raza Galega. Ás 13.00 horas celebrarase unha exhibición de doma de Alta Escola dos Cabalos de Pura Raza Galega. Ás 17.30 horas terá lugar o encontro folclórico nesta ocasión coas bandas de gaitas La Reina del Truebano e El Enxambre de asturianas, o Ardo da Vella de San Miguel; e Toxos e Froles de Ferrol. Pola noite, ás 21.00 horas será o concerto de Roi Casal e tamén a actuación ás 22:15 horas, na Alameda, de Tania Veiras Grupo, quen estará tamén o domingo ao mediodía no mesmo recinto.
Domingo 17. Haberá varios actos culturais e literarios, con homenaxes ante ao mauselo de Manuel...
leer másEntre os días 10 e 13 de setembro desenvólvese en Mondoñedo a programación cultural dos Remedios.
O venres, de setembro, ás 20:30 horas, celébrase a VII edición do festival Mamá quero cantar. Terá lugar no auditorio municipal Pascual Veiga e as reservas fanse na Escola de Música.
O sábado 11 ás 17:15 horas no Centro de Interpretación do Camiño Norte, representarase o espectáculo de improvisación teatral A familia Trivilorio. Ás 20:30 horas Os 6 gaiteiros de Riotorto percorrerán as rúas da vila tras saír da Alameda dos Remedios. Ás 22:00 horas celebrarase A gran gala do circo, maxia e humor, presentado polo Neto de Gayoso. Será na Alameda dos Remedios. Ás 23:00 horas actuará o grupo Principal; e tamén ás 23:00 horas na praza do Concello terá lugar o Merlín Fest co concerto de Superglú.
O...
leer más