Veiguello

Etiquetas:
27/07/2026

A Asociación Cultural Veiguello organiza, coa colaboración do Concello de Trabada e da Deputación de Lugo, o programa Veiguello 2026, que se desenvolverá entre os días 28 e 31 de xullo en diferentes parroquias do municipio.

O Concello de Trabada explica que esta iniciativa “volve apostar pola recuperación da memoria colectiva, a fotografía e o cine como ferramentas para poñer en valor a historia, o patrimonio e as vivencias da veciñanza, ao tempo que fomenta a participación e a creación cultural”.

O programa dará comezo o martes 28 de xullo, ás 17:00 horas, no Teleclub de Vilaformán, coa actividade Memoráreo, un encontro arredor de fotografías antigas no que se anima á veciñanza a participar levando imaxes antigas ou relacionadas coa emigración para compartir recordos e historias, nunha xornada que...

leer más